As mozas e mozos do Conecta con Galicia 2019, en imaxes

No Conecta con Galicia 2019 participaron mozas e mozos galegos do exterior procedentes de seis países
No Conecta con Galicia 2019 participaron mozas e mozos galegos do exterior procedentes de seis países
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2019.

Publícase hoxe unha escolma de fotos do Conecta con Galicia 2019, o programa que a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia desenvolve en colaboración coa Dirección de Xeral de Xuventude da Consellería de Política Social. Na presente edición, 140 mozas e mozos da Galicia do exterior con idades comprendidas entre os 15 e os 20 anos de idade, divididos en cadansúa quenda do 5 ao 14 e do 19 ao 28 de xullo, tiveron a oportunidade de percorrer o Camiño de Santiago -ben pola ruta francesa, ben pola Vía da Prata- e despois pasaron outros cinco días no Complexo Xuvenil As Mariñas (Gandarío, Bergondo) gozando da práctica de actividades ao aire libre, como vela, snorkel, pádel surf, wind, kaiak, orientación e tiro con arco, entre outras.

En imaxes
372 lecturas