Miranda avoga pola conservación e difusión das “tradicións da nosa terra” no Centro Galego de México

Miranda avoga pola conservación e difusión das “tradicións da nosa terra” no Centro Galego de México
Miranda avoga pola conservación e difusión das “tradicións da nosa terra” no Centro Galego de México
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2019.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse hoxe co representante do Centro Galego de México, Manuel Ferradas. Durante este encontro, o secretario recalcou a importancia de  “manter unha boa liña de traballo, para reforzar as sinerxias con México” no tocante a difusión das tradicións galegas a través desta entidade. Non en van, o centro, actualmente, conta con 2.011 socias e socios, e suma un amplo números de actividades e propostas que permiten un maior crecemento da participación, destacando como exemplo: a Jira Campestre, que se celebra o 1 de maio como unha romaría familiar galega que reúne a mais de 5000 persoas, ou a Romaría de San Benitiño. “As entidades de México teñen unha gran importancia para a conservación e difusión dos lazos espirituais co noso territorio” , resaltou Miranda, quen subliñou que as galegas e os galegos residentes en México son unha das inquedanzas prioritarias na Secretaria Xeral de Emigración, tanto pola inseguridade que se vive en México  como pola cantidade de cidadás e cidadáns galegos que acolle, máis de 14.000.

112 lecturas