A Asociación Centro Partido de Carballiño visita Galicia nun achegamento ás súas raíces

A Asociación Centro Partido de Carballiño visita Galicia nun achegamento ás súas raíces
A Asociación Centro Partido de Carballiño visita Galicia nun achegamento ás súas raíces
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2019.

Un grupo da Asociación Centro Partido de Carballiño está a visitar Galicia esta semana co obxectivo de achegarse as súas raíces galegas. Con este fin, durante os vindeiros días percorrerán algúns dos lugares máis emblemáticos da nosa comunidade, comezando hoxe por Santiago, onde foron recibidas e recibidos polo subdirector xeral de Xestión Económico-Administrativa e do Retorno, Jose Carlos García Bouzas. “Poder achegar a terra a este centro, reforza e amosa o noso compromiso con toda a comunidade de galegos na Arxentina”, subliñou Bouzas. O Centro, actualmente, conta  con 442 socias e socios, e dentro das súas actividades destaca a creación do grupo de baile “Airiños do Carballiño” e, nos seus  obxectivos, destaca o fomento e mellora da comunidade galega no pais patagónico.

715 lecturas