Miranda trasládalle aos representantes de HEVEGA o “permanente compromiso” da Xunta coa situación dos galegos de Venezuela

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2019.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse hoxe coa directiva da Hermandad Venezolana Galicia – HEVEGA, aos que lle trasladou o “permanente compromiso” da Xunta de colaborar coa situación dos galegos de Venezuela. Neste sentido, cómpre lembrar que esta asociación constituíuse fai dous anos en A Coruña co obxectivo de dar apoio ao proceso de integración da crecente poboación de venezolanos na comunidade, así como para coordinar a axuda aos residentes no país nun momento de “gran incerteza”. “As entidades galegas de Venezuela xogan un papel fundamental nestes días, e contan con todo o noso apoio”, subliñou Miranda, quen lembrou que os galegos residentes no país constitúen unha das prioridades da Secretaría Xeral da Emigración, tanto pola situación que atravesa Venezuela como pola cantidade de galegos que acolle, que ascenden a 35.998.

111 lecturas