Miranda expón aos galegos e galegas de Costa Rica, Porto Rico, Panamá e Chile as medidas que está a estudar o Goberno galego para axudar a paliar as consecuencias do coronavirus
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, expuxo aos galegos e galegas de Chile, Panamá, Porto Rico e Costa Rica as medidas que está a estudar o departamento autonómico para axudar a paliar as consecuencias que está a deixar a pandemia do coronavirus. As diferenzas do grao de incidencia da COVID-19 nos distintos países e latitudes estanse deixando notar nas propias políticas tomadas polos distintos gobernos, pero todos eles comparten a prohibición de actividade dos centros sociais, o que mantén as portas das entidades galegas pechadas desde hai semanas.
No encontro telemático participaron representantes da Corporación Centro Gallego de Valparaíso e o Lar Gallego de Chile, a Asociación Lar Gallego de Costa Rica, a Sociedad Española (Panamá City) e a Sociedad Española La Chorrera, e o Centro Gallego de Puerto Rico. Nestes catro países residen actualmente un total de case 10.000 cidadás e cidadáns galegos, dos que arredor do 40% fano en Chile (4.382), unha cantidade semellante en Panamá (4.222) e o 10% restante, en Costa Rica (1.098).
Novas relacionadas