Miranda e López Dobarro pechan o ciclo de videoconferencias cos galegos e galegas do exterior con novos encontros telemáticos coa colectividade da Arxentina, a máis numerosa do mundo

O secretario xeral da EmigracIón, nun dos encontros telemáticos coa colectividade galega na Arxentina
O secretario xeral da EmigracIón, nun dos encontros telemáticos coa colectividade galega na Arxentina
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 6 de maio de 2020.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, completou o ciclo de videoconferencias coas e cos galegos do exterior, que comezou o pasado 8 de abril, con novos encontros telemáticos coa colectividade galega da Arxentina, a máis numerosa do mundo, con preto de 180.000 persoas. Foi precisamente un encontro virtual co delegado da Xunta en Bos Aires, Alejandro López Dobarro, o que abriu este ciclo de videoconferencias, que congregaron galegas e galegos, non só residentes na provincia de Bos Aires, senón tamén doutras rexións do interior e a costa do país andino.Estas xuntanzas complementan, ademais, o contacto que o organismo de representación do Goberno galego mantén de xeito permanente cos membros da colectividade na Arxentina.

Nestes encontros telemáticos participaron representantes de máis dunha vintena de entidades galegas repartidas por todo o territorio arxentino. Así, formaron parte destas videoconferencias responsables da ABC del Partido de Corcubión, a Asociación Civil Galega Fillos de Porto do Son, a Asociación Galega Residentes de Mos, Cultura y Recreo, a Asociación Centro Betanzos, o Centro Cultural del Partido de La Estrada, o Centro Gallego de Avellaneda, o Círculo Social Val Miñor de Galicia en Buenos Aires, a Asociación Centro Partido do Carballiño, a Asociación Civil Unión Residentes de Dodro, a Asociación Civil Centro Gallego de Jubilados y Pensionados de la República Argentina, a Asociación Gallega Residentes de Vigo, o Hogar de Ribadumia en Buenos Aires, Residentes de El Grove en Buenos Aires, a Asociación Finisterre en América, o Centro Gallego de Santa Fe, a Asociación Navia de Suarna de Ayuda Mutua, a Asociación Unión Residentes del Ayuntamiento de Carbia-Hoy Villa de Cruces en Buenos Aires, Tuy-Salceda Asociación Mutual Cultural e Recreativa, a Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina, a Asociación Unión del Partido Judicial de Órdenes, o Centro Gallego de Río Gallegos-Mutualidad, a Fundación Xeito Novo da Cultura Galega  e a Sociedade Galega Arantei, Vilamarín e A Peroxa.

1024 lecturas