Miranda reúnese cos galegos e galegas de Andalucía, Estremadura e Ceuta de xeito telemático para coñecer a súa situación por mor da epidemia do coronavirus

O secretario xeral da Emigración, durante a videoconferencia cos e coas representantes das entidades galegas
O secretario xeral da Emigración, durante a videoconferencia cos e coas representantes das entidades galegas
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 29 de abril de 2020.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, vén de reunirse de xeito telemático cos galegos e galegas de Andalucía, Estremadura e Ceuta para coñecer como está a afectarlles a pandemia do coronavirus. Esta xuntanza virtual, que se levou a cabo a través dunha videoconferencia, dá continuidade a esta nova rolda de contactos coas e cos galegos de todo o mundo que está a levar a cabo o titular do departamento autonómico, e que complementa o que se leva a cabo de xeito regular e permanente desde esta área do Goberno galego. Neste encontro participación representantes da Casa de Galicia en Huelva, a Casa de Galicia del Puerto de Santa María, en Cádiz, a Casa de Galicia en Córdoba, o Lar Gallego de Sevilla, o Centro Gallego de Málaga  e a Casa de Galicia en Badajoz.

Na comunidade andaluza residen nestes momentos un total de 21.500 galegas e galegos, segundo os últimos datos oficiais publicados polo Instituto Nacional de Estadística (INE) a data 1 de xaneiro de 2020, que cifra, así mesmo, o número de persoas nadas en Galicia que viven en Estremadura en 2.019, e en 378 as que o fan en Ceuta. En total esta área xeográfica suma preto de 24.000 cidadás e cidadáns galegos, dos que 6.527 residen na provincia de Cádiz e 5.172 na de Málaga, as dúas que a día de hoxe conservan unha maior presenza de emigrantes galegas e galegos. 

569 lecturas