Miranda completa o seguimento á colectividade galega que vive no resto de España cos galegos e galegas de Castela e do norte do país

O secretario xeral da Emigración, na reunión cos e coas representantes das entidades galegas nas dúas Castelas e norte de España
O secretario xeral da Emigración, na reunión cos e coas representantes das entidades galegas nas dúas Castelas e norte de España
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 1 de maio de 2020.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, completou cos galegos e galegas que viven nas dúas Castelas e nas comunidades do norte do país o novo percorrido que está a facer pola situación da colectividade que reside no resto de España. A desigual pegada que está a deixar a epidemia do coronavirus nas provincias españolas ten o seu reflexo na afección que están a sufrir os galegos e galegas que viven nelas. Con todos os centros pechados por mor do Estado de Alarma decretado polo Goberno central o pasado 14 de marzo, as e os representantes das distintas entidades expuxeron ao titular de Emigración a realidade que están a afrontar as entidades galegas situadas fóra da comunidade galega. Miranda, pola súa banda, adiantoulles algunhas das medidas que está a estudar o Goberno galego para axudar a paliar as consecuencias da crise que ameaza con deixar a pandemia da COVID-19.  

As e os representantes da Asociación Lar Gallego de Avilés, a Asociación del Día de Galicia en Asturias, o Centro Gallego de Zaragoza, o Centro Gallego de Santander – Casa de Galicia en Cantabria, a Casa Gallega de Castilla La Mancha, a Casa de Galicia de León, o Centro Gallego de Miranda de Ebro, o Centro Galicia en Ponferrada, o Centro Gallego de Salamanca, o Centro Gallego de Burgos e o Lar Gallego de Pamplona foron os asistentes a este encontro telemático. 

685 lecturas