Novas
Buscador
- Rueda viaxará a Suíza e Liechtenstein para reencontrarse coa emigración galega e enxalzar a súa contribución ao mantemento das súas tradicións na diáspora 23.10.2023 audio Participará a vindeira fin de semana en actos de distintos centros e institucións que fomentan a lingua, a arte e a cultura galegas, promovendo que perduren os vínculos da poboación emigrada coa súa terra. Lembrará que todas e todos aqueles que desexen regresar á comunidade contan coa Estratexia Galicia Retorna da Xunta, coa que se pretende... Máis información
- Emigración desenvolve unhas xornadas formativas para o persoal das delegacións da Xunta e as oficinas colaboradoras de atención social no exterior 23.10.2023 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu hoxe a primeira das xornadas formativas que, ao longo desta semana, se desenvolverán en Santiago de Compostela e nas que participa o persoal técnico das delegacións da Xunta en Arxentina e Uruguai, así como das oficinas colaboradoras de atención social de Cuba e Venezuela. Ao... Máis información
- Máis tres centenares de galegas e galegos residentes en Suíza informáronse sobre temas tributarios a través das xornadas organizadas pola Xunta que remataron en Zürich 22.10.2023 audio A Secretaría Xeral da Emigración, en colaboración coa Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA), rematou hoxe en Zürich a rolda de sesións informativas que permitiu que case tres centenares de galegas e galegos residentes en Suíza se informaran acerca da situación tributaria en Galicia de cara a facilitar a posibilidade do seu retorno. O encontro de... Máis información
- Rueda destaca o enorme talento e “valentía” das e os galegos do exterior que veñen a Galicia estudar un máster grazas ás bolsas BEME 21.10.2023 audio Salienta que a finalidade desta iniciativa é complementar a excelente formación que xa teñen e que aposten por desenvolver a súa carreira profesional e o seu proxecto vital na comunidade. A Xunta incrementa este curso a contía das axudas que oscilarán entre os 7.500 e 12.000 € en función da duración do mestrado e do continente de orixe do alumno... Máis información
- A segunda xornada informativa sobre temas tributarios que a Xunta organiza en Suíza responde as inquedanzas de preto dun cento de galegas e galegos de Berna 21.10.2023 audio Trala conferencia ofrecida onte en Xenebra, a Secretaría Xeral da Emigración, en colaboración coa Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA), continuou en Berna, en concreto na Sala Punkt.Null, coas xornadas informativas que permiten achegar a situación tributaria en Galicia a aquelas e aqueles residentes en Suíza que desexen retornar. No encontro de... Máis información
- A Xunta e as entidades galegas na Arxentina preparan os actos da Gran Romería Gallega que se desenvolverá en Bos Aires en novembro 21.10.2023 audio O delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, asistiu á reunión preparatoria para a Gran Romería Gallega xunto ás e aos presidentes e representantes das institucións e entidades galegas na Arxentina, que se celebrou no Centro Lalín, Agolada y Silleda. O acto terá lugar o domingo 26 de novembro dende as 12 da mañá no Centro Galicia de... Máis información
- Galicia comparte con Asturias as políticas de retorno que facilitan o regreso das colectividades do exterior 20.10.2023 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e a directora xeral de Emigración e Políticas de Retorno do Goberno do Principado de Asturias, Olaya Gómez Romano, mantiveron hoxe un encontro no que se analizaron as iniciativas postas en marcha pola Xunta nos últimos anos para apoiar a volta das e dos galegos do exterior. Galicia... Máis información
- Medio centenar de galegas e galegos residentes en Xenebra asisten á primeira xornada informativa sobre temas tributarios que a Xunta organiza en Suíza 20.10.2023 audio A Secretaría Xeral da Emigración, en colaboración coa Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA) ofreceu hoxe en Xenebra a primeira das tres sesións informativas que desenvolverá en Suíza para achegar a situación tributaria en Galicia a aquelas e aqueles residentes en Suíza que desexen retornar. O encontro de hoxe celebrouse no local de A Nosa Galiza... Máis información
- Conclúen os obradoiros de baile e música organizados pola Xunta de Galicia nos centros galegos de Montevideo, Uruguai 20.10.2023 audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez Alonso, asistiu á clausura dos obradoiros de baile e música organizados pola Xunta de Galicia nas entidades galegas de Montevideo: Centro Gallego, Unión Hijos de Morgadanes, Centro Valle Miñor, Centro Pontevedrés, Alma Gallega e A Casa de Galicia. Elvira Domínguez agradeceu á profesora que... Máis información
- O expresidente do Centro Gallego de Mar del Plata traslada ao secretario xeral da Emigración o interese da colectividade na Arxentina polas medidas de retorno postas en marcha pola Xunta 19.10.2023 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse co expresidente do Centro Gallego de Mar del Plata, Francisco Solla, quen lle trasladou o interese da colectividade galega na Arxentina polas medidas de retorno postas en marcha pola Xunta. Pola súa banda, Rodríguez Miranda destacou o labor que Solla desenvolveu durante anos... Máis información
Páxinas |









