Medio centenar de galegas e galegos residentes en Xenebra asisten á primeira xornada informativa sobre temas tributarios que a Xunta organiza en Suíza

Imaxe da sesión informativa celebrada esta tarde en Xenebra
Imaxe da sesión informativa celebrada esta tarde en Xenebra
Listen to this page using ReadSpeaker
Xenebra (Suíza), 20 de outubro de 2023.

A Secretaría Xeral da Emigración, en colaboración coa Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA) ofreceu hoxe en Xenebra a primeira das tres sesións informativas que desenvolverá en Suíza para achegar a situación tributaria en Galicia a aquelas e aqueles residentes en Suíza que desexen retornar. O encontro de hoxe celebrouse no local de A Nosa Galiza, e ao mesmo asistiron medio centenar de galegas e galegos residentes nesta localidade suíza.  

As xornadas continuarán mañá, sábado 21, na Sala Punkt.Null de Berna ás 17:00 horas, e o domingo 22, na Asociación cultural “As Xeitosiñas” de Zürich, ás 16:00 horas. As charlas informativas correrán a cargo do xefe da Área de Inspección Tributaria da Xunta de Galicia, Juan Antonio Mosquera Pena, acompañado da subdirectora de Relacións coas Comunidades Galegas da Secretaría Xeral da Emigración, Isabel Martínez Pellicer.

245 lecturas