Emigración desenvolve unhas xornadas formativas para o persoal das delegacións da Xunta e as oficinas colaboradoras de atención social no exterior

Imaxe, na sede da SXE, da primeira das xornadas formativas que se celebran esta semana
Imaxe, na sede da SXE, da primeira das xornadas formativas que se celebran esta semana
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu hoxe a primeira das xornadas formativas que, ao longo desta semana, se desenvolverán en Santiago de Compostela e nas que participa o persoal técnico das delegacións da Xunta en Arxentina e Uruguai, así como das oficinas colaboradoras de atención social de Cuba e Venezuela.

Ao longo destas xornadas traballarase sobre os programas destinados aos galegos e galegas do exterior dende a Secretaría Xeral da Emigración en 2024, así como se aportarán ferramentas e información sobre as políticas de retorno, de xeito que as delegacións e as oficinas colaboradoras se poidan converter no primeiro punto de atención ás e aos galegos que desexen retornar a Galicia. 

263 lecturas