Máis tres centenares de galegas e galegos residentes en Suíza informáronse sobre temas tributarios a través das xornadas organizadas pola Xunta que remataron en Zürich

  • Imaxe da sesión informativa celebrada esta tarde en Zürich
    Imaxe da sesión informativa celebrada esta tarde en Zürich

Listen to this page using ReadSpeaker
Zürich (Suíza), 22 de outubro de 2023.

A Secretaría Xeral da Emigración, en colaboración coa Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA), rematou hoxe en Zürich a rolda de sesións informativas que permitiu que case tres centenares de galegas e galegos residentes en Suíza se informaran acerca da situación tributaria en Galicia de cara a facilitar a posibilidade do seu retorno. O encontro de hoxe, no que participaron máis dun cento de galegas e galegos residentes en Zürich, celebrouse no local cultural da asociación “As Xeitosiñas”.     

As charlas informativas correron a cargo do xefe da Área de Inspección Tributaria da Xunta de Galicia, Juan Antonio Mosquera Pena, acompañado da subdirectora de Relacións coas Comunidades Galegas da Secretaría Xeral da Emigración, Isabel Martínez Pellicer.

240 lecturas