A segunda xornada informativa sobre temas tributarios que a Xunta organiza en Suíza responde as inquedanzas de preto dun cento de galegas e galegos de Berna

Imaxe da sesión informativa celebrada esta tarde en Berna
Imaxe da sesión informativa celebrada esta tarde en Berna
Listen to this page using ReadSpeaker
Berna (Suíza), 21 de outubro de 2023.

Trala conferencia ofrecida onte en Xenebra, a Secretaría Xeral da Emigración, en colaboración coa Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA), continuou en Berna, en concreto na Sala Punkt.Null, coas xornadas informativas que permiten achegar a situación tributaria en Galicia a aquelas e aqueles residentes en Suíza que desexen retornar. No encontro de hoxe participaron preto dun cento de residentes na capital suíza.  

As xornadas continuarán mañá, domingo 22, na Asociación cultural “As Xeitosiñas” de Zúrich ás 16:00 horas. As charlas informativas corren a cargo do xefe da Área de Inspección Tributaria da Xunta de Galicia, Juan Antonio Mosquera Pena, acompañado da subdirectora de Relacións coas Comunidades Galegas da Secretaría Xeral da Emigración, Isabel Martínez Pellicer.

272 lecturas