A Xunta e as entidades galegas na Arxentina preparan os actos da Gran Romería Gallega que se desenvolverá en Bos Aires en novembro

  • Imaxe da reunión celebrada en Bos Aires coas entidades galegas
    Imaxe da reunión celebrada en Bos Aires coas entidades galegas

Listen to this page using ReadSpeaker
Bos Aires (Arxentina), 21 de outubro de 2023.

O delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, asistiu á reunión preparatoria para a Gran Romería Gallega xunto ás e aos presidentes e representantes das institucións e entidades galegas na Arxentina, que se celebrou no Centro Lalín, Agolada y Silleda. O acto terá lugar o domingo 26 de novembro dende as 12 da mañá no Centro Galicia de Bos Aires.

A Gran Romería Gallega contará con 300 artistas en escena e na mesma colaborarán máis de 30 institucións galegas de toda a República Arxentina. Desenvolveranse actividades culturais e gastronómicas e incluiranse sorteos e premios. Esta iniciativa está organizada pola colectividade galega no país do Cono Sur e conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Delegación da Xunta na Arxentina.

432 lecturas