Conclúen os obradoiros de baile e música organizados pola Xunta de Galicia nos centros galegos de Montevideo, Uruguai

  • Imaxe da clausura dos obradoiros en Montevideo
    Imaxe da clausura dos obradoiros en Montevideo
  • Imaxe da clausura dos obradoiros en Montevideo
    Imaxe da clausura dos obradoiros en Montevideo
  • Imaxe da clausura dos obradoiros en Montevideo
    Imaxe da clausura dos obradoiros en Montevideo
Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo (Uruguai), 20 de outubro de 2023.

A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez Alonso, asistiu á clausura dos obradoiros de baile e música organizados pola Xunta de Galicia nas entidades galegas de Montevideo: Centro Gallego, Unión Hijos de Morgadanes, Centro Valle Miñor, Centro Pontevedrés, Alma Gallega e A Casa de Galicia.

Elvira Domínguez agradeceu á profesora que impartiu os cursos, May de la Peña Costas, a súa profesionalidade e o talento e cariño co que impartiu estas clases. O acto incluíu catorce pezas de danza no que participaron os alumnos e alumnas dos centros nos que se ofertou a formación.

201 lecturas