Novas
Buscador
- Román Rodríguez celebra o espírito lalinense no Centro Lalín, Agolada e Silleda de Bos Aires 29.10.2023 audio O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades comparte en Arxentina a festividade da Virxe dos Dores, patroa do concello de Lalín. “O traballo feito por esta entidade é un motivo de orgullo para a comarca do Deza e para toda Galicia”, afirmou. O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, visitou hoxe o... Máis información
- Rueda pon en valor a contribución das entidades galegas no exterior na difusión da lingua e cultura da comunidade 28.10.2023 audio O presidente da Xunta participou no 50 aniversario da Irmandade Galega na Suíza. Enxalza a súa función como nexo de todos os galegos en Xenebra e o seu importante papel na transmisión e na difusión dos nosos costumes ás novas xeracións. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor hoxe a contribución das entidades galegas presentes no... Máis información
- A Banda de gaitas Irmandade de Montevideo une os sons da gaita no Uruguai e en Galicia a través dun concerto a dúo co gaiteiro moañés Anxo Lorenzo 28.10.2023 audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez Alonso, asistiu a gala de celebración dos 20 anos da Banda de gaitas Irmandade que se celebrou na sala Nelly Goitiño do SODRE e que permitiu unir os sons da gaita neste país e en Galicia, a través dun concerto no que o gaiteiro Anxo Lorenzo, ademáis de tocar con outros artistas, tamén ofreceu... Máis información
- Román Rodríguez destaca o compromiso co ensino do Colexio Santiago Apóstolo de Bos Aires, que vén de renovar as súas instalacións cunha nova planta 27.10.2023 audio A Xunta de Galicia dota este centro de ferramentas tecnolóxicas como ordenadores, pantallas dixitais e novos laboratorios. “Estamos orgullosos do traballo que se fai neste proxecto, que foi crecendo e consolidándose ata ser unha das grandes institucións educativas das que presume Galicia, pois é a nosa particular embaixada cultural e educativa”,... Máis información
- O galeguismo en América centra a nova entrega de "Historias de ida e volta" 27.10.2023 audio Este especial é un proxecto web realizado pola Secretaría Xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega, que ofrece fotografías e documentos que axudan a entender as novas realidades migratorias a América dos séculos XIX e XX. “Unha das características da colectividade emigrante galega foi a creación dun imaxinario colectivo e dunha... Máis información
- A Xunta destaca o labor en prol da galeguidade do Centro Pontevedrés de Montevideo na celebración do seu 65º aniversario 27.10.2023 audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez Alonso, asistiu aos actos de celebración do 65º aniversario do Centro Pontevedrés de Montevideo, destacando durante os mesmos o labor en prol da galeguidade e da colectividade que vén desenvolvendo esta institución dende a súa creación. Pola súa banda, o presidente honorario da institución,... Máis información
- Emigración ofrece un vídeo resumo do programa Reencontros con Galicia que permitiu que máis dun centenar de galegas e galegos do exterior de máis de 65 anos volvesen conectar coa terra 26.10.2023 audio A Secretaría Xeral da Emigración quere felicitar, a través dun vídeo resumo, a todas e todos os participantes no programa Reencontros con Galicia que, durante dez días, achegáronse de novo a Galicia, algunhas e algúns deles despois de máis de 50 anos fóra da terra. Este programa permitiu que máis dun cento de galegas e galegos do exterior de... Máis información
- A Xunta destaca a ampla experiencia da nova cónsul da Arxentina en Vigo que permitirá continuar a fortalecer os lazos entre ambos territorios 26.10.2023 audio O delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, asistiu ao encontro coa nova cónsul xeral da Arxentina en Vigo, Silvina Montenegro, que tivo lugar na Embaixada de España en Bos Aires presidido pola embaixadora, María Jesús Alonso Jiménez. Esta reunión, na que tamén estivo presente o cónsul adxunto de España na capital arxentina, Juan... Máis información
- A Xunta asiste aos actos de celebración do 59º aniversario do Patronato da Cultura Galega de Montevideo 25.10.2023 audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez Alonso, asistiu aos actos do 59º aniversario do Patronato da Cultura Galega de Montevideo que contou coa presenza dos gaiteiros Anxo Lorenzo, Carlos González e Juan Sánchez. A delegada da Xunta destacou o labor desta organización en prol da cultura e da lingua galegas no país do Cono Sur,... Máis información
- Emigración publica unha selección das fotografías do acto de benvida ás e aos novos alumnos das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior, BEME 24.10.2023 audio A Secretaría Xeral da Emigración publica unha escolma das mellores fotografías realizadas durante a celebración do acto de benvida aos novos alumnos e alumnas das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) do presente curso 2023/24, que tivo lugar esta pasada fin de semana en Oroso. O acto contou coa presenza do presidente da Xunta de Galicia,... Máis información
Páxinas |









