Rueda destaca o enorme talento e “valentía” das e os galegos do exterior que veñen a Galicia estudar un máster grazas ás bolsas BEME

Salienta que a finalidade desta iniciativa é complementar a excelente formación que xa teñen e que aposten por desenvolver a súa carreira profesional e o seu proxecto vital na comunidade.

A Xunta incrementa este curso a contía das axudas que oscilarán entre os 7.500 e 12.000 € en función da duración do mestrado e do continente de orixe do alumno ou alumna.

  • O presidente da Xunta deu a benvida ás e os beneficiarios das bolsas BEME do curso 2023-2024
    O presidente da Xunta deu a benvida ás e os beneficiarios das bolsas BEME do curso 2023-2024

Listen to this page using ReadSpeaker
Oroso (A Coruña), 21 de outubro de 2023.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe a boa acollida da que goza o programa de Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME), do que se beneficiarán este ano case 250 galegas e galegos do exterior para cursar un máster nalgunha das tres universidades públicas galegas. “Presumimos dos galegos que están fóra de Galicia e encántanos traelos para que os galegos que viven aquí vexan o enorme talento, as enormes ganas e a magnífica xuventude que Galicia ten polo mundo”, asegurou durante un acto de benvida a parte das e dos beneficiarios, celebrado hoxe en Oroso.

O titular do Goberno galego salientou que a finalidade desta iniciativa é complementar a excelente formación que xa teñen e que aposten por desenvolver a súa carreira profesional e o seu proxecto vital na comunidade. “Galicia cambiou moito durante estes anos e todo o que puidemos mellorar é en gran parte grazas á xente que se marchou cando todo era moito máis difícil, e por iso vos queremos agradecer todo o que fixeron as vosas familias, os vosos antepasados por Galicia e que todos os que queiran quedar aquí a traballar e a vivir teñan as portas abertas”, destacou.

Neste sentido, Rueda agradeceu “a valentía” das e dos que apostan por retornar á súa terra ou a da súa familia e animou ás e aos participantes a aproveitar a experiencia de coñecemento, ao mesmo tempo que coñecen a comunidade. “Somos fáciles de coñecer nun ano, estudiando dá tempo tamén para ir a todas partes en Galicia e descubrir moitísimos sitios”, indicou, ao tempo que destacou o feito de que moitas e moitos aproveitarán a oportunidade para coñecer e visitar ás e aos familiares que aquí conservan. 

A Xunta incrementa un ano máis a contía destas bolsas que oscilarán entre os 7.500 e 12.000 euros en función da duración do máster cursado e o continente de orixe dos beneficiarios e beneficiarias. En concreto, as axudas -que sufragan os custos da viaxe, a manutencion, o aloxamento e a matrícula- aumentan este curso unha media de 500 euros. O orzamento do Goberno autonómico para estas bolsas é de 2,3 millóns de euros, un “destino de fondos públicos potente pero que vale a pena, sen dúbida”, tal e como indicou Rueda. 

157 lecturas