A Xunta destaca a ampla experiencia da nova cónsul da Arxentina en Vigo que permitirá continuar a fortalecer os lazos entre ambos territorios
O delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, asistiu ao encontro coa nova cónsul xeral da Arxentina en Vigo, Silvina Montenegro, que tivo lugar na Embaixada de España en Bos Aires presidido pola embaixadora, María Jesús Alonso Jiménez. Esta reunión, na que tamén estivo presente o cónsul adxunto de España na capital arxentina, Juan Merino Cubillo, celebrouse a raíz da inminente incorporación ao seu novo destino de Silvina Montenegro.
Alejandro López Dobarro recordou que a nova cónsul xeral conta cunha ampla experiencia nese cargo xa que estivo á fronte do mesmo durante varios anos, realizando un intenso traballo a favor do fortalecemento dos lazos entre Galicia e Arxentina. Tal e como asegurou o delegado da Xunta na Arxentina, a Administración autonómica trasládalle a súa total colaboración para continuar a dar o mellor servizo ás e aos arxentinos afincados en Galicia.
Novas relacionadas