A Xunta asiste aos actos de celebración do 59º aniversario do Patronato da Cultura Galega de Montevideo

  • Imaxe da celebración do 59º aniversario do Patronato da Cultura Galega de Montevideo
    Imaxe da celebración do 59º aniversario do Patronato da Cultura Galega de Montevideo

Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo (Uruguai), 25 de outubro de 2023.

A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez Alonso, asistiu aos actos do 59º aniversario do Patronato da Cultura Galega de Montevideo que contou coa presenza dos gaiteiros Anxo Lorenzo, Carlos González e Juan Sánchez.  

A delegada da Xunta destacou o labor desta organización en prol da cultura e da lingua galegas no país do Cono Sur, lembrando que este é o xeito de garantir que se perpetúe entre as futuras xeracións de galegas e galegos. No acto estivo tamén presente a cónsul xeral de España en Montevideo, María V. Scola Pliego, e o presidente da Federación de Asociaciones Gallegas en Uruguay, Martín R. Caridad. 

311 lecturas