A Xunta destaca o labor en prol da galeguidade do Centro Pontevedrés de Montevideo na celebración do seu 65º aniversario

  • Imaxe da celebración do 65º aniversario do Centro Pontevedrés de Montevideo
    Imaxe da celebración do 65º aniversario do Centro Pontevedrés de Montevideo

Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo (Uruguai), 27 de outubro de 2023.

A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez Alonso, asistiu aos actos de celebración do 65º aniversario do Centro Pontevedrés de Montevideo, destacando durante os mesmos o labor en prol da galeguidade e da colectividade que vén desenvolvendo esta institución dende a súa creación.

Pola súa banda, o presidente honorario da institución, Eduardo Alonso, aproveitou a súa intervención para facer mención dos expresidentes que deixaron unha fonda pegada na institución. No acto tamén estivo presente a cónsul xeral de España, María V. Scola Pliego. Ademais dos bailes interpretados polo corpo de baile da institución e a Banda de gaitas Irmandade, o gaiteiro Anxo Lorenzo acompañou a Carlos González nunha interpretación a dúo como preámbulo do concerto que se celebrou na sala Nelly Goitiño co gallo da celebración dos 20 anos da Banda de gaitas Irmandade. Tamén tocou unha peza en solitario Anxo Lorenzo, que causou gran impresión entre a colectividade presente.

245 lecturas