Román Rodríguez destaca o compromiso co ensino do Colexio Santiago Apóstolo de Bos Aires, que vén de renovar as súas instalacións cunha nova planta

A Xunta de Galicia dota este centro de ferramentas tecnolóxicas como ordenadores, pantallas dixitais e novos laboratorios.

“Estamos orgullosos do traballo que se fai neste proxecto, que foi crecendo e consolidándose ata ser unha das grandes institucións educativas das que presume Galicia, pois é a nosa particular embaixada cultural e educativa”, afirma.

O titular de Educación do Goberno galego completa a súa primeira xornada de traballo na capital bonaerense cunha reunión do padroado da Fundación Galicia-América e a participación nos actos do aniversario do Centro Galego de Avellaneda.

  • Román Rodríguez destaca o compromiso co ensino do Colexio Santiago Apóstolo de Bos Aires, que vén de renovar as súas instalacións cunha nova planta

Listen to this page using ReadSpeaker
Bos Aires (Arxentina), 27 de outubro de 2023.

 O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, inicia hoxe unha viaxe en Arxentina co obxectivo de estreitar lazos coa comunidade emigrante deste país en materia educativa, cultural e lingüística.

Neste obxectivo enmárcase a visita de hoxe ao Colexio Santiago Apóstolo, un centro do que Román Rodríguez destacou como exemplo “dunha educación baseada nos principios biculturais arxentino-galegos” que reforza os lazos co pobo galego a través do coñecemento de valores como a lingua, as tradicións, a historia, a arte e o folclore nun país “que alberga a maior colonia de galegos da diáspora”.

Non en balde, o titular de Cultura e Educación subliñou que o centro, no que estudan 550 alumnos, conta con catro docentes de galego, ademais de dous profesores proporcionados pola Xunta de Galicia, un para a etapa de Primaria e outro para a de Secundaria. “Estamos francamente orgullosos do traballo que se fai neste colexio, un proxecto que foi crecendo e consolidándose ata ser unha das grandes institucións educativas das que presume Galicia, pois é a nosa particular embaixada cultural e educativa”, destacou o conselleiro.

Inauguración do sexto andar

Neste colexio, Román Rodríguez inaugurou a obra de renovación e ampliación da sexta planta do edificio, que foi acondicionado para acoller novos servizos educativos como a biblioteca, salas de lectura e de informática e laboratorio de física e química, ademais de espazos de almacén e departamentos para os profesores. Precisamente, a Xunta de Galicia proporcionoulle a este centro a dotación para os laboratorios ademais de ferramentas tecnolóxicas innovadoras como ordenadores e pantallas dixitais. “É un honor poder participar nun acto tan emocionante, tan cheo de presente, tan cheo de futuro, como é inaugurar unha planta neste colexio, o que moitos galegos coñecemos e que levamos no corazón”, engadiu.

Padroado Fundación Galicia-América

Tamén, no propio centro educativo, o conselleiro preside a xuntanza extraordinaria do padroado da Fundación Galicia-América, entidade constituída en 1996 e declarada de interese cultural ese mesmo ano, e cuxa finalidade é promover o achegamento da realidade galega ao s países americanos.

Precisamente ao abeiro de dita fundación, e froito da colaboración entre a Xunta e o Centro Galego de Bos Aires, fundouse o Colexio Santiago Apóstolo, a través do cal se facía realidade o vello desexo da colectividade de Galicia na Arxentina de contar cun colexio galego. Na xuntanza do padroado, ademais de analizar as contas da entidade, abórdase o plan de actividades do colexio para este ano.

Posteriormente, o representante do Goberno Galego mantén unha xuntanza con membros da entidade social Ospaña, institución fundada en 2010 co obxectivo de atender as necesidades do colectivo de españois emigrantes en Arxentina que non contaban cunha cobertura sanitaria suficiente.

Aniversario do Centro Galego de Avellaneda

Finalmente, Román Rodríguez completa a súa primeira xornada de traballo en Bos Aires coa participación nos actos de celebración do 124º aniversario do Centro Galego de Avellaneda, do que gaba o seu compromiso “coa divulgación da orixe e identidade galegas dos seus fundadores”.

Creado en 1899, o Centro Galego de Avellaneda é o terceiro centro da colectividade en importancia de América Latina, tras A Habana e Montevideo.

192 lecturas