Román Rodríguez celebra o espírito lalinense no Centro Lalín, Agolada e Silleda de Bos Aires

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades comparte en Arxentina a festividade da Virxe dos Dores, patroa do concello de Lalín.

“O traballo feito por esta entidade é un motivo de orgullo para a comarca do Deza e para toda Galicia”, afirmou.

  • Román Rodríguez celebra o espírito lalinense no Centro Lalín, Agolada e Silleda de Bos Aires
    Román Rodríguez celebra o espírito lalinense no Centro Lalín, Agolada e Silleda de Bos Aires
  • Román Rodríguez celebra o espírito lalinense no Centro Lalín, Agolada e Silleda de Bos Aires
    Román Rodríguez celebra o espírito lalinense no Centro Lalín, Agolada e Silleda de Bos Aires
  • Román Rodríguez celebra o espírito lalinense no Centro Lalín, Agolada e Silleda de Bos Aires
    Román Rodríguez celebra o espírito lalinense no Centro Lalín, Agolada e Silleda de Bos Aires
Listen to this page using ReadSpeaker
Bos Aires (Arxentina), 29 de outubro de 2023.

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, visitou hoxe o Centro Lalín, Agolada e Silleda de Bos Aires, onde participou nos actos conmemorativos da festa de Nosa Señora das Dores. Fíxoo no marco da súa viaxe a Arxentina.

Na súa visita, o responsable autonómico de Cultura celebrou que “o espírito lalinense continúe latente no corazón de Arxentina grazas ao traballo desta institución con máis de 40 anos de historia”. “Como galego e veciño de Lalín, o traballo feito por este centro supón un motivo de orgullo e unha ponte de unión entre Galicia e as comunidades do exterior”, engadiu Román Rodríguez.

Os actos celebrados hoxe inclúen un amplo abano de actividades para festexar a patroa do concello de Lalín como música, baile, unha misa e un almorzo no propio centro. A institución anfitroa amosa así o seu decidido compromiso por divulgar a identidade galega con actividades culturais entre os seus case 1000 socios, as novas xeracións e o público en xeral.

A visita do conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades a Arxentina continuará mañá cunha visita ao Centro Cultural do Partido da Estrada, que cumpre 80 anos proxectando a imaxe e a tradición histórica do concello da Estrada e fomentando a cultura galega a través de distintas iniciativas sociais.

208 lecturas