Emigración ofrece un vídeo resumo do programa Reencontros con Galicia que permitiu que máis dun centenar de galegas e galegos do exterior de máis de 65 anos volvesen conectar coa terra

Os Reencontros con Galicia desenvolvéronse do 9 ao 19 de outubro
Os Reencontros con Galicia desenvolvéronse do 9 ao 19 de outubro
Reencontros con Galicia 2023
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2023.

A Secretaría Xeral da Emigración quere felicitar, a través dun vídeo resumo, a todas e todos os participantes no programa Reencontros con Galicia que, durante dez días, achegáronse de novo a Galicia, algunhas e algúns deles despois de máis de 50 anos fóra da terra.  

Este programa permitiu que máis dun cento de galegas e galegos do exterior de máis de 65 anos procedentes de Venezuela, Cuba, Brasil, Arxentina e Uruguai volveran ter contacto coa Galicia actual e coas súas familias. Estiveron aloxados na residencia de tempo libre da Xunta de Galicia en Panxón e percorreron cidades e vilas das catro provincias galegas durante os dez días da súa estancia na comunidade autónoma. 

178 lecturas