Emigración publica unha selección das fotografías do acto de benvida ás e aos novos alumnos das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior, BEME

O acto celebrouse o sábado, 21 de outubro, en Oroso
O acto celebrouse o sábado, 21 de outubro, en Oroso
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2023.

A Secretaría Xeral da Emigración publica unha escolma das mellores fotografías realizadas durante a celebración do acto de benvida aos novos alumnos e alumnas das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) do presente curso 2023/24, que tivo lugar esta pasada fin de semana en Oroso.

O acto contou coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, e do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda. Preto de 200 alumnas e alumnos, dos 250 cos que conta este programa, participaron nesta xornada onde se realizaron diversas actividades formativas, ademais dun concerto e iniciativas lúdicas.

303 lecturas