A Banda de gaitas Irmandade de Montevideo une os sons da gaita no Uruguai e en Galicia a través dun concerto a dúo co gaiteiro moañés Anxo Lorenzo

  • Imaxe do concerto celebrado no Auditorio Nelly Goitiño do SODRE de Montevideo
    Imaxe do concerto celebrado no Auditorio Nelly Goitiño do SODRE de Montevideo

Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo (Uruguai), 28 de outubro de 2023.

A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez Alonso, asistiu a gala de celebración dos 20 anos da Banda de gaitas Irmandade que se celebrou na sala Nelly Goitiño do SODRE e que permitiu unir os sons da gaita neste país e en Galicia, a través dun concerto no que o gaiteiro Anxo Lorenzo, ademáis de tocar con outros artistas, tamén ofreceu composicións en solitario.

O espectáculo, que foi todo un éxito, permitiu escoitar os sons galegos de Anxo Lorenzo e do director de Irmandade, Carlos González, xunto á arpa de Ana Clara Radice e a percusión da nena más nova da banda, Delfina  González. Tamén estiveron presentes representantes doutros grupos das entidades galegas e do Centro Asturiano-Casa de Asturias.

396 lecturas