Rueda pon en valor a contribución das entidades galegas no exterior na difusión da lingua e cultura da comunidade

O presidente da Xunta participou no 50 aniversario da Irmandade Galega na Suíza.

Enxalza a súa función como nexo de todos os galegos en Xenebra e o seu importante papel na transmisión e na difusión dos nosos costumes ás novas xeracións.

  • Rueda pon en valor a contribución das entidades galegas no exterior na difusión da lingua e cultura da comunidade
    Rueda pon en valor a contribución das entidades galegas no exterior na difusión da lingua e cultura da comunidade
  • Rueda pon en valor a contribución das entidades galegas no exterior na difusión da lingua e cultura da comunidade
    Rueda pon en valor a contribución das entidades galegas no exterior na difusión da lingua e cultura da comunidade
  • Rueda pon en valor a contribución das entidades galegas no exterior na difusión da lingua e cultura da comunidade
    Rueda pon en valor a contribución das entidades galegas no exterior na difusión da lingua e cultura da comunidade
Listen to this page using ReadSpeaker
Xenebra (Suíza), 28 de outubro de 2023.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor hoxe a contribución das entidades galegas presentes no exterior á hora de difundir a lingua e a cultura da comunidade na diáspora. Así o destacou durante a celebración do 50 aniversario da Irmandade Galega na Suíza, da cal enxalzou a súa función como nexo de todos os galegos en Xenebra e no seu relevante papel á hora de transmitir e difundir os nosos costumes ás novas xeracións.

Durante o acto, no que estivo acompañado polo secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e que contou con gastronomía galega e actuacións musicais como as de Xabier Díaz, Rueda gabou o “apoio crucial” que supoñen estes centros para os emigrantes.

Neste senso, apuntou que a Galicia da que moitos galegos e galegas saíron nos anos 60 ou 70 do pasado século na procura dun futuro mellor para eles e as súas familias é, na actualidade, unha “terra de oportunidades” e “un lugar atractivo para vivir, traballar ou investir”.

Consecuentemente, o presidente autonómico comprometeu o apoio da Xunta a iniciativas que levan a cabo entidades como esta irmandade e tamén a todos aqueles galegos e galegas que elixen quedarse no exterior, e do mesmo xeito aos que deciden regresar á súa terra. Neste senso, lembrou que a Estratexia Galega Retorna 2023-2026 inclúe medidas a nivel laboral, educativo ou económico para facilitar a volta á comunidade.

189 lecturas