Novas
Buscador
- Miranda destaca a celebración da Virxe da Saleta no Centro Lalín, Agolada e Silleda de Bos Aires como “exemplo de galeguidade universal” 23.09.2019 audio O secretario xeral da Emigración pecha a súa estadía en Arxentina participando neste tradicional festexo e no Festival de Coros da Igrexa de San Ignacio de Loyola. Subliña “a importancia de conservar festividades tan antigas” e o “reforzo do concepto de galeguidade mediante esta posta en valor da tradición galega”. Resalta o labor dunha entidade... Máis información
- Cristina Pato achega os sons da gaita galega á Xuntanza de músicos galego-arxentinos organizada polo Centro Gallego de Mar del Plata 23.09.2019 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destaca “a importancia” de iniciativas como esta para “poñer en valor a cultura galega no conxunto da colectividade”. Agradece a todas y todos os artistas participantes “a súa permanente implicación” nesta xuntanza que este ano ten lugar no marco da capitalidade cultural da Galicia... Máis información
- Feijóo remata a súa viaxe institucional á Arxentina reforzando os lazos de Galicia coa mocidade do exterior a través de novos vínculos como a formación 22.09.2019 audio Asevera que esta viaxe serviu tamén para acreditar o bo concepto que o Goberno arxentino ten das empresas galegas, referíndose ao sector pesqueiro. Destaca a visita ao país como unha oportunidade “para preparar o Xacobeo 2021 desde aquí para o resto do mundo americano”. Valora especialmente os encontros mantidos coa colectividade galega nas... Máis información
- Feijóo salienta que no Xacobeo 2021 as galegas e galegos temos unha cita co mundo para amosar a Galicia familiar, verde, innovadora e moza que somos 21.09.2019 audio Incide en que o Xacobeo 2021 é unha gran tarefa colectiva que mobiliza todas as enerxías da Comunidade. Sostén que a peregrinación a Santiago, unida á peregrinación a América fixo de nós un pobo sen fronteiras e destaca que entre o millón de peregrinas e peregrinos que acoden a Galicia cada ano, hai 180 procedencias. En relación á mostra, expresa... Máis información
- Feijóo aposta por reforzar o vínculo interxeracional a un e outro lado do Atlántico a través dos programas e bolsas de formación que a Xunta ofrece aos mozos e mozas do exterior 21.09.2019 audio Destaca que, este mesmo ano, 150 mozas e mozos do exterior cursarán un máster nas universidades galegas, a través das Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior. Subliña que a convocatoria para cursar estudos de FP de grao superior conta cunha oferta de 100 bolsas de 10.000 euros cada unha. "Queremos que os mozos galegos do exterior teñan a... Máis información
- Feijóo avoga por que o Centro de Hostalería de Galicia siga sendo para Arxentina un referente como xa o é na actualidade en materia de xestión hostaleira 20.09.2019 audio O presidente da Xunta asistiu hoxe ao acto de inauguración do Obradoiro de Sabores. Refírese ao Obradoiro de Sabores como un exemplo dese tándem: produtos de calidade e cociñeiras e cociñeiros tamén de calidade e de prestixio, “que conforma a Galicia Calidade que queremos”. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avogou hoxe por que o Centro... Máis información
- Feijóo destaca e valora a xestión de Ospaña e o seu compromiso para garantir a sanidade a todos os galegos e galegas da Arxentina 20.09.2019 audio Salienta que das máis de 70.000 persoas ás que dá cobertura sanitaria, 4.000 son maiores de 65 anos. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou e valorou onte a xestión de Ospaña e o seu compromiso para garantir a sanidade a todos os galegos e galegas de Arxentina, adaptándose aos novos tempos do país e ás necesidades do momento. ... Máis información
- Feijóo avanza co ministro de Pesca que case a metade dos barcos que operan en augas arxentinas poidan construírse en estaleiros galegos 19.09.2019 audio O titular da Xunta mantivo unha reunión co ministro de Agricultura, Ganadería y Pesca do Goberno arxentino, Luis Miguel Etchevehere, e posteriormente visitou o Instituto Argentino Gallego Santiago Apóstol. Destaca ademais o acordo de rebaixa do 14% ao 7% dos aranceis para a construción de barcos de máis de 30 metros que se fagan fóra de Arxentina... Máis información
- Feijóo celebra coa xuventude do exterior as trinta edicións do Conecta con Galicia que permitiu a máis de 9.000 mozas e mozos fortalecer os lazos coa Comunidade 19.09.2019 audio Subliña que iniciativas como esta permiten construír unha Galicia que non só traspase fronteiras, senón tamén xeracións. Constata o papel relevante que nas edicións deste programa ten Arxentina e di que na última convocatoria, das e dos 140 participantes, algo máis da metade eran mozas e mozos deste país. Recorda aos mozos e mozas que en 2021... Máis información
- Feijóo traslada ao presidente Macri a preocupación dos máis de 176.000 galegos e galegas que viven na Arxentina e das empresas galegas que invisten e xeran emprego no país ante a inestabilidade actual 18.09.2019 audio “Para Galicia este país é unha porta que sempre imos ter aberta e da que sempre estamos pendentes”, di, recordando que Arxentina é un destino moi consolidado na axenda internacional da nosa economía: tanto en investimento galego neste país, como en exportacións. Ambos abordaron a importancia do apoio do Goberno arxentino “para que as empresas... Máis información
Páxinas |









