Cristina Pato achega os sons da gaita galega á Xuntanza de músicos galego-arxentinos organizada polo Centro Gallego de Mar del Plata

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destaca “a importancia” de iniciativas como esta para “poñer en valor a cultura galega no conxunto da colectividade”.

Agradece a todas y todos os artistas participantes “a súa permanente implicación” nesta xuntanza que este ano ten lugar no marco da capitalidade cultural da Galicia exterior que ostenta Mar del Plata arredor da exposición de José Solla.  

Destaca o labor dun centro que suma máis de 1.000 persoas asociadas –das que preto do 70% son galegas- e leva case 70 anos “mantendo inquebrantables os vínculos de unión entre Galicia e Arxentina”. 

  • A artista ourensá de proxección internacional participou no concerto do Teatro Auditorium Centro Provincial de las Artes
    A artista ourensá de proxección internacional participou no concerto do Teatro Auditorium Centro Provincial de las Artes

Listen to this page using ReadSpeaker
Mar del Plata (Arxentina), 23 de setembro de 2019.

A artista e gaiteira ourensá de proxección internacional, Cristina Pato, vén de participar, xunto a outras e outros recoñecidos músicos galegos, no concerto organizado no Teatro Auditorium Centro Provincial de las Artes no marco da Xuntanza de músicos galego-arxentinos que está a promover o Centro Gallego de Mar del Plata, e que contou coa presenza do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, de visita oficial estes días en Arxentina, e do delegado do goberno galego, Alejandro López Dobarro. 

Neste sentido, Miranda destacou a importancia de iniciativas como esta para “poñer en valor a cultura galega no conxunto da colectividade”. E por este motivo agradeceu a presenza de todas e todos os artistas, en particular de Cristina Pato, galardoada fai dous anos coa Medalla Castelao en recoñecemento á súa traxectoria artística profesional. 

O secretario xeral da Emigración quixo resaltar “a permanente implicación e accesibilidade” de todas e todos eles para facer posible este tipo de iniciativas que achegan ás colectividades galegas da diáspora “unha parte fundamental da cultura e tradición da nosa terra”. 

Capitalidade cultural da Galicia exterior 
Así mesmo, Miranda situou este encontro no marco da capitalidade cultural da Galicia exterior que ten Mar de Plata durante estes meses arredor da exposición ‘Rosalía’ de José Solla no museo de arte contemporánea. “Este concerto é unha mostra máis desa capitalidade cultural galega de Mar del Plata, que comprende mostras como a de José Solla ou a do Xacobeo sobre o Camiño de Santiago; un ciclo de cine galego; ou a celebración dos obradoiros gastronómicos”, explicou. 

O representante do goberno autonómico subliñou tamén o papel que xoga o propio Centro Gallego de Mar del Plata, entidade que suma máis de 1.000 persoas asociadas –das que preto do 70% son galegas- e que leva case 70 anos “mantendo inquebrantables os vínculos de unión entre Galicia e Arxentina”. 

1340 lecturas