Miranda destaca a celebración da Virxe da Saleta no Centro Lalín, Agolada e Silleda de Bos Aires como “exemplo de galeguidade universal”
O secretario xeral da Emigración pecha a súa estadía en Arxentina participando neste tradicional festexo e no Festival de Coros da Igrexa de San Ignacio de Loyola.
Subliña “a importancia de conservar festividades tan antigas” e o “reforzo do concepto de galeguidade mediante esta posta en valor da tradición galega”.
Resalta o labor dunha entidade que suma máis de 500 socias e socios que “preservan o fiel compromiso de manter e avivar as tradicións galegas máis aló das fronteiras da nosa comunidade”.
“Poder presenciar este tipo de festivais en lugares tan emblemáticos e importantes para este país e para os galegos que aquí residen é unha mostra do bo traballo en prol desta unión entre ambas culturas”, sinala sobre o Festival de Coros.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou hoxe a celebración da Virxe da Saleta no Centro Lalín, Agolada e Silleda de Bos Aires como “exemplo de galeguidade universal”. Esta devoción pola Virxe comezou a finais do século XIX e son moitos os municipios galegos que lle dedican grandes romarías para manter unha tradición tan antiga, por iso, como salientou Miranda, é “relevante remarcar o compromiso do Centro coa tradición galega” mediante a celebración desta festa.
Neste marco, o secretario subliñou o “reforzo do concepto de galeguidade mediante esta posta en valor do tradicional galego” por parte dunha entidade que suma máis de 500 socias e socios que “preservan o fiel compromiso de manter e avivar as tradicións galegas máis aló das fronteiras da nosa comunidade”.
Así mesmo, Rodríguez Miranda asistiu tamén ao festival de Coros da Igrexa de San Ignacio de Loyola, unha das máis importantes do país que en 1942 recibiu o título de Monumento Histórico Nacional.
“Poder presenciar este tipo de festivais en lugares tan emblemáticos e importantes para este país e para os galegos que aquí residen, é unha mostra do bo traballo en prol desta unión entre ambas culturas”, destacou Miranda. Coa asistencia a estes dous actos, dáse por rematada a axenda institucional do secretario polo país austral.
Novas relacionadas