Feijóo avoga por que o Centro de Hostalería de Galicia siga sendo para Arxentina un referente como xa o é na actualidade en materia de xestión hostaleira

O presidente da Xunta asistiu hoxe ao acto de inauguración do Obradoiro de Sabores.

Refírese ao Obradoiro de Sabores como un exemplo dese tándem: produtos de calidade e cociñeiras e cociñeiros tamén de calidade e de prestixio, “que conforma a Galicia Calidade que queremos”.

  • O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a conselleira do Mar, Rosa Quintana, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, durante a inauguración da iniciativa Obradoiro de Sabores
    O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a conselleira do Mar, Rosa Quintana, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, durante a inauguración da iniciativa Obradoiro de Sabores
  • O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, durante a visita á Intendencia de Mar del Plata, onde foi recibido polo intendente, Carlos Fernando Arroyo
    O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, durante a visita á Intendencia de Mar del Plata, onde foi recibido polo intendente, Carlos Fernando Arroyo
Listen to this page using ReadSpeaker
Mar del Plata (Arxentina), 20 de setembro de 2019.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avogou hoxe por que o Centro Superior de Hostalería siga sendo para Arxentina un referente como xa o é na actualidade o CSHG en materia de xestión hostaleira.

Durante o acto de inauguración do Obradoiro de Sabores en Mar del Plata, Feijóo expresou o convencemento de que esa relación sairá fortalecida trala celebración deste evento, pero tamén a través da colaboración que o centro de hostalería mantén con este país desde a súa creación. Non en van, desde 2017 deuse un paso máis coa sinatura dun convenio entre a Xunta e a Federación Empresarial Hotelera de la República Argentina (FEHGRA), para que o CSHG fose o centro de referencia en materia de dirección e xestión hostaleira e de capacitación para as e os seus directivos.

O titular do Executivo galego referiuse a este obradoiro de sabores como unha oportunidade para amosar o que os galegos e galegas fan cada día, “que non é outra cousa que apostar pola calidade”. “A nosa marca é Galicia, e Galicia é sinónimo dun lugar onde as cosas se coidan. Galicia Calidade”, dixo, incidindo en que a gastronomía é unha das maiores oportunidades coas que conta a Comunidade para logralo.

Durante o acto de inauguración, Feijóo destacou a habilidade e o coñecemento de Daniel Guzmán, ao mando deste obradoiro, referíndose a el como “claro expoñente dese tándem: produtos de calidade e cociñeiros tamén de calidade e de prestixio, que conforma a Galicia Calidade que queremos”, dixo, subliñando o obxectivo de reeditar en Mar del Plata o éxito do ano pasado en Bos Aires, cando se tivo que incrementar o número de prazas dispoñibles, con máis de 230 asistentes.

Nesta mesma liña resaltou que a comunidade conta con 35 produtos amparados por Denominación de Orixe Protexida e Indicación Xeográfica Protexida, e avalados pola UE pola súa calidade e diferenciación de orixe Galicia. Ademais de ter 11 restaurantes con Estrela Michelin, máis de 20 Bib Gourmand, 35 Soles Repsol e 61 distincións Q de Calidade. “E tres das catro provincias están entre as 20 máis importantes de España pola súa gastronomía”, engadiu.

O presidente da Xunta, que iniciou a xornada do venres cun encontro co Intendente de Mar del Plata, Carlos Arroyo, durante o cal foi nomeado visitante notable, rematará o día cunha visita á exposición Rosalía de José Solla, no Museo de Arte Contemporáneo, e cunha cea coa colectividade galega da cidade.

  • Audio | Declaracións do presidente da Xunta de Galicia na inauguración do Obradoiro de Sabores en Mar del Plata: picar aquí para descargar
288 lecturas