Feijóo destaca e valora a xestión de Ospaña e o seu compromiso para garantir a sanidade a todos os galegos e galegas da Arxentina

Salienta que das máis de 70.000 persoas ás que dá cobertura sanitaria, 4.000 son maiores de 65 anos.

  • O presidente da Xunta asistiu á inauguración da sede da Obra Social Ospaña
    O presidente da Xunta asistiu á inauguración da sede da Obra Social Ospaña
  • O presidente da Xunta asistiu á inauguración da sede da Obra Social Ospaña
    O presidente da Xunta asistiu á inauguración da sede da Obra Social Ospaña
  • O presidente da Xunta asistiu á inauguración da sede da Obra Social Ospaña
    O presidente da Xunta asistiu á inauguración da sede da Obra Social Ospaña
  • O presidente da Xunta asistiu á inauguración da sede da Obra Social Ospaña
    O presidente da Xunta asistiu á inauguración da sede da Obra Social Ospaña
Listen to this page using ReadSpeaker
Bos Aires (Arxentina), 20 de setembro de 2019.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou e valorou onte a xestión de Ospaña e o seu compromiso para garantir a sanidade a todos os galegos e galegas de Arxentina, adaptándose aos novos tempos do país e ás necesidades do momento. 

Unha xestión visible a través da atención completa ás e aos seus afiliados e que foi capaz de conxugar a solidariedade, coa produtividade que garanten os máis de 70.000 afiliados e afiliadas cos que xa conta Ospaña, e que son os que optimizan o rendemento da organización.

“Non é nada fácil ofrecer cobertura sanitaria a máis de 70.000 persoas e é moito máis difícil ofrecer unha cobertura sanitaria aos maiores, e máis de 4.000 persoas desas 70.000 teñen máis de 65 anos”, precisou.

Durante a inauguración da sede da Obra Social Ospaña, Feijóo quixo, deste xeito, trasladar unha mensaxe de agradecemento a todas as institucións que nos nosos días seguen traballando pola diáspora galega. E aseverou que Galicia seguirá sendo solidaria coas e cos seus emigrantes como eles o foron, recordou, ao contribuír ao desenvolvemento da comunidade desde a diáspora. 

“Unha responsabilidade que intentamos practicar coas distintas intensidades que son necesarias”, dixo, referíndose á colaboración con entidades para que poidan dar un bo servizo per se, “tal e como ocorre no caso de Ospaña”; ou ás axudas directas ás e aos propios emigrantes, como as axudas sociosanitarias e asistenciais das que se beneficiaron máis de 31.400 galegas e galegos nos últimos tres anos. 

“E, igualmente, colaboramos co retorno cando queren volver temporal ou permanentemente e non poden por si sós”, engadiu.

Ao longo da súa intervención, o responsable do Executivo autonómico incidiu en que as e os emigrantes galegos foron capaces de ser solidarios sempre, “e fixérono non só apoiándose uns a outros persoalmente, senón desde o punto de vista colectivo creando institucións que naceron no século XX, pero que foron evolucionando para ser referente neste século XXI”, dixo.

  • Audio | Declaracións do presidente da Xunta de Galicia durante a inauguración da nova sede social de Ospaña: picar aquí para descargar
En imaxes
243 lecturas