Feijóo celebra coa xuventude do exterior as trinta edicións do Conecta con Galicia que permitiu a máis de 9.000 mozas e mozos fortalecer os lazos coa Comunidade

Subliña que iniciativas como esta permiten construír unha Galicia que non só traspase fronteiras, senón tamén xeracións.

Constata o papel relevante que nas edicións deste programa ten Arxentina e di que na última convocatoria, das e dos 140 participantes, algo máis da metade eran mozas e mozos deste país.

Recorda aos mozos e mozas que en 2021 terán unha nova oportunidade para facer o Camiño: “Será unha ocasión para ver a mellor Galicia que nunca existiu na historia: unha Galicia verde, familiar e que innova”, di.

Destaca o compromiso de ofrecer máis oportunidades de “conectar” con Galicia, a través da formación, con 150 bolsas para cursar un máster nunha das tres universidades galegas e coas 100 bolsas para cursar un ciclo superior de FP.

  • O presidente da Xunta entregou a Compostela ás e aos participantes da edición de 2019 e coñeceu as experiencias dos mozos e mozas percorrendo o Camiño de Santiago
    O presidente da Xunta entregou a Compostela ás e aos participantes da edición de 2019 e coñeceu as experiencias dos mozos e mozas percorrendo o Camiño de Santiago

Vídeo 30º aniversario do Conecta con Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Bos Aires (Arxentina), 19 de setembro de 2019.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, celebrou hoxe coa xuventude do exterior as trinta edicións do Conecta con Galicia, que permitiu a máis de 9.000 mozas e mozos, de máis de 20 países, fortalecer os lazos coa Comunidade.

Durante a conmemoración, Feijóo subliñou que iniciativas como esta permiten construír unha Galicia que non só traspase fronteiras, senón tamén xeracións. “Con este programa demostramos que hai unha Galicia distinta á que coñecían os vosos pais e avós, onde nacer e traballar; unha Galicia moza”, dixo.

O titular do Executivo autonómico, que entregou a Compostela ás e aos participantes do Conecta con Galicia 2019, coñeceu as súas experiencias percorrendo este verán o Camiño de Santiago. Experiencias como a de Matías Lorenzo, participante na última edición e que asegurou que “facer o Camiño é cultura e vivir Galicia”; ou como a de Milagros Rodríguez, que participou na primeira edición e que afirmou que, grazas a este programa, percorreu as catro provincias e visitou á súa familia.

Feijóo lembrou o papel relevante que nas edicións deste programa ten Arxentina. Non en van, nesta última convocatoria, das e dos 140 participantes, algo máis da metade eran mozas e mozos deste país. E incidiu en que a través desta iniciativa os mozos teñen a oportunidade de coñecer a Comunidade e o Camiño de Santiago, “a nosa tarxeta de presentación no mundo”.

Feijóo aproveitou o acto para recordar que en 2021 terán unha nova oportunidade para facer o Camiño, entrando na Catedral pola Porta Santa. “Será unha ocasión para ver a mellor Galicia que nunca existiu na historia: unha Galicia verde, familiar e que innova”, explicou.

Ao longo da súa intervención, o presidente da Xunta salientou o compromiso de ofrecer máis oportunidades de “conectar” con Galicia, tamén, a través da formación, referíndose ás 250 bolsas anuais: 150 bolsas para cursar un máster nunha das tres universidades galegas e 100 bolsas para cursar un ciclo superior de Formación Profesional.

O responsable do Executivo autonómico concluíu agradecendo a todas e todos os mozos a súa confianza en Galicia e o seu orgullo de ser galegos, incidindo en que a galeguidade non pide carné e non teme á mestura. “Así souberon entendela e exercela os emigrantes que forxaron a comunidade galega en Arxentina”, afirmou, sostendo que as casas, irmandades e centros galegos mantiveron vivo e fortaleceron o vínculo con Galicia, converténdose en embaixadas da galeguidade.

Herdeiras e herdeiros desa forma de entender o mundo, o presidente da Xunta animou a toda a xuventude do exterior a continuar con esa valiosa herdanza.

  • Audio | Declaracións do presidente da Xunta de Galicia no acto do 30º aniversario do Conecta con Galicia: picar aquí para descargar
940 lecturas