Novas
Buscador
- Miranda asiste ao espectáculo ‘Diversións’ levado ata Río de Xaneiro polos artistas galegos Rosa Cedrón e Emilio Rúa 20.10.2019 audio O dúo de compositores interpreta pezas de autoría conxunta e versións propias. Entre as cancións máis destacadas das que desfrutou o público asistente atópanse ‘Teño Saudade’, ‘Pousa’, ‘Miudiño’ ou ‘A Carolina’. O concerto sitúase no marco dos actos de celebración da Hispanidade en Río de Xaneiro. O secretario xeral da Emigración, Antonio... Máis información
- Miranda subliña que a mouteira de Río simboliza unha “dobre irmandade entre dous Patrimonios da Humanidade e entre Galicia e Brasil” 19.10.2019 audio O secretario xeral da emigración visita o fito situado entre a Ponta do Arpoador e a Praia do Diabo, “un dos lugares máis belos da cidade turística por excelencia do Brasil”: “A colocación desta mouteira une o Patrimonio da Humanidade de Río e o seu Arpoador co noso Patrimonio do Camiño”. Destaca que o Brasil é o octavo país do mundo con máis... Máis información
- Miranda subliña que os Obradoiros de Sabores achegan a Río de Xaneiro “todas as bondades da gastronomía galega” 18.10.2019 audio O secretario xeral da Emigración gaba a calidade e a variedade gastronómica galega, posta de manifesto neste nova edición dos showcookings que ven organizando o goberno galego nos últimos dous anos. O prestixioso cociñeiro galego André Arzúa foi o encargado de conducir esta iniciativa. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez... Máis información
- Miranda chega ao Brasil para impulsar a promoción do Xacobeo 2021 e no marco dos actos conmemorativos da celebración da Hispanidade 18.10.2019 audio O secretario xeral da Emigración reúnese, durante a primeira xornada en Río, co embaixador de España, Fernando García Casas, e máis co cónsul, Luis Prados Covarrubias, na procura de incrementar o traballo institucional e a cooperación. Destaca na visita ao Hospital Español da Sociedade Espanhola de Beneficência a “solidariedade cos máis... Máis información
- Miranda asiste na Habana ao concerto ‘Son galego, son cubano’ de Roi Casal 17.10.2019 audio Con este proxecto, o compositor galego trae de volta á illa un repertorio que estreou no 2016 con motivo do Consello de Comunidades Galegas celebrado ese ano na Habana. O secretario xeral destaca o “modernismo e a actualidade” das pezas de Casal que deleitaron ás e aos asistentes ao Gran Teatro Nacional Alicia Alonso, palacio do antigo Centro... Máis información
- Miranda agradece ás sociedades galegas de Cuba “a súa implicación e cooperación” para atender aos galegos e galegas da illa 17.10.2019 audio O secretario xeral da Emigración visita a Agrupación de Sociedades Representativas de Municipios y Parroquias de Galicia en La Habana; a Sociedad Cultural Rosalía de Castro; e a Agrupación Artística Gallega, con motivo do seu centenario. Asiste á conferencia “A presenza galega na Habana” na que participan Xosé Manoel Núñez Seixas e María Xosé... Máis información
- Miranda visita na Habana a exposición ‘O soño cubano da emigración galega’ 16.10.2019 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, no marco da súa viaxe institucional a Cuba, visitou onte a exposición O soño cubano da emigración galega. Esta mostra, impulsada polo Consello da Cultura Galega en colaboración coa Secretaría Xeral, é un fiel retrato das inquietudes e aspiracións dos galegos e galegas emigrantes que... Máis información
- Miranda destaca que o roteiro galego 'Descubrindo A Habana Galega' reforza o papel da capital cubana como “berce do galeguismo universal” 16.10.2019 audio O secretario xeral invita a desfrutar dunha ruta que, no marco dos actos do 500 Aniversario da Fundación da Cidade da Habana, pon en valor o nexo entre A Habana e Galicia: “Aquí se cantou por primeira vez o Himno galego, izouse a nosa bandeira ou xurdiu a Real Academia a comezos do século XX”. Sinala que o percorrido conduce ás e aos visitantes a... Máis información
- Miranda comeza a segunda viaxe do ano a Cuba no marco da celebración do 500 aniversario da fundación da cidade da Habana 15.10.2019 audio O secretario xeral da Emigración participará en distintos actos organizados por este motivo coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo e a participación do Consello da Cultura Galega. Inicia a súa estadía na illa cunha reunión co embaixador e co consejero cultural españois. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda,... Máis información
- Galicia incorporará 15 profesionais de alta cualificación en empresas e centros de coñecemento a través do programa Talento Sénior, incluído na Estratexia Retorna 2020 14.10.2019 audio A Xunta impulsa estas contratacións con preto dun millón de euros co obxectivo de fomentar a atracción e o retorno de talento. As doutoras e doutores e especialistas contratados contan cunha media de 11 anos de experiencia en diferentes ámbitos da I+D+i, e máis da metade son mulleres. Seis profesionais regresan a Galicia desde Estados Unidos e... Máis información
Páxinas |









