Miranda visita na Habana a exposición ‘O soño cubano da emigración galega’

  • Imaxe da inauguración da mostra, que poderá visitarse ata o vindeiro 11 de novembro
    Imaxe da inauguración da mostra, que poderá visitarse ata o vindeiro 11 de novembro
  • Imaxe da inauguración da mostra, que poderá visitarse ata o vindeiro 11 de novembro
    Imaxe da inauguración da mostra, que poderá visitarse ata o vindeiro 11 de novembro
Listen to this page using ReadSpeaker
A Habana (Cuba), 16 de outubro de 2019.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, no marco da súa viaxe institucional a Cuba, visitou onte a exposición O soño cubano da emigración galega. Esta mostra, impulsada polo Consello da Cultura Galega en colaboración coa Secretaría Xeral, é un fiel retrato das inquietudes e aspiracións dos galegos e galegas emigrantes que chegaron á illa dende finais do século XIX. O lugar escollido para este evento é o Gran Teatro de La Habana Alicia Alonso, palacio do antigo Centro Galego, que foi construído pola emigración galega como sede do Centro Galego da Habana. 

En imaxes
173 lecturas