Miranda asiste na Habana ao concerto ‘Son galego, son cubano’ de Roi Casal

Con este proxecto, o compositor galego trae de volta á illa un repertorio que estreou no 2016 con motivo do Consello de Comunidades Galegas celebrado ese ano na Habana.

O secretario xeral destaca o “modernismo e a actualidade” das pezas de Casal que deleitaron ás e aos asistentes ao Gran Teatro Nacional Alicia Alonso, palacio do antigo Centro Galego da Habana.

  • Baixo a dirección do compositor participaron no proxecto, estreado en 2016, figuras da cultura galega e cubana como Pablo Milanés, Xosé Neira Vilas, Laritza Bacallao ou Miguel Núñez
    Baixo a dirección do compositor participaron no proxecto, estreado en 2016, figuras da cultura galega e cubana como Pablo Milanés, Xosé Neira Vilas, Laritza Bacallao ou Miguel Núñez

Listen to this page using ReadSpeaker
A Habana (Cuba), 17 de outubro de 2019.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acudiu o concerto do compositor galego Roi Casal no Teatro Nacional Alicia Alonso, palacio do antigo Centro Galego da Habana. Casal, que fora membro do grupo Milladoiro, amosou este ambicioso proxecto internacional -Son galego, son cubano-, de volta na illa trala súa estrea no 2016 con motivo do Consello de Comunidades Galegas celebrado ese ano na Habana. 

Baixo a dirección do compositor participaron no proxecto figuras da nosa cultura galega e cubana como Pablo Milanés, Xosé Neira Vilas, Laritza Bacallao ou Miguel Núñez, completando así o elenco de 16 músicas e músicos de ambas nacionalidades que sigue xirando nos principais escenarios internacionais. 

Referencia en Galicia e máis aló  
Roi Casal é considerado un dos artistas máis importantes de Galicia. Non en van, e como sinalou o propio Miranda, “o seu estilo moderno e actual converte a súa obra nunha promoción da diversidade cultural”, tanto dentro como fóra de España. 

A música de Casal ten servido de banda sonora para producións cinematográficas e de televisión de distintos países. Tamén as súas xiras levárono por países como Xapón, Arxentina, EE.UU., Suíza, Uruguai, Portugal ou Alemaña entre outros, sendo a maioría deles focos da emigración galega.  

593 lecturas