Miranda subliña que a mouteira de Río simboliza unha “dobre irmandade entre dous Patrimonios da Humanidade e entre Galicia e Brasil”
O secretario xeral da emigración visita o fito situado entre a Ponta do Arpoador e a Praia do Diabo, “un dos lugares máis belos da cidade turística por excelencia do Brasil”: “A colocación desta mouteira une o Patrimonio da Humanidade de Río e o seu Arpoador co noso Patrimonio do Camiño”.
Destaca que o Brasil é o octavo país do mundo con máis peregrinas e peregrinos, chegando a Compostela máis de 20.000 brasileiras e brasileiros nos últimos anos.
Resalta que esta é a cuarta mouteira colocada no que vai de ano –tras Glasgow, Bruxelas e Lorient-, contribuíndo “aínda máis se cabe á universalización de Galicia e do Camiño”: “Só no 2018 visitaron Santiago 186 nacionalidades dos 193 países que compoñen as Nacións Unidas”.
- Imaxe da inauguración da mouteira (8.013 km a Compostela) do Camiño de Santiago en Río de Xaneiro
- Imaxe da inauguración da mouteira (8.013 km a Compostela) do Camiño de Santiago en Río de Xaneiro
- Imaxe da inauguración da mouteira (8.013 km a Compostela) do Camiño de Santiago en Río de Xaneiro
- Imaxe da inauguración da mouteira (8.013 km a Compostela) do Camiño de Santiago en Río de Xaneiro
- Imaxe da inauguración da mouteira (8.013 km a Compostela) do Camiño de Santiago en Río de Xaneiro
- Imaxe da inauguración da mouteira (8.013 km a Compostela) do Camiño de Santiago en Río de Xaneiro
- Imaxe da inauguración da mouteira (8.013 km a Compostela) do Camiño de Santiago en Río de Xaneiro
- Imaxe da inauguración da mouteira (8.013 km a Compostela) do Camiño de Santiago en Río de Xaneiro
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu onte á colocación da mouteira do Camiño de Santiago situada entre a Ponta do Arpoador e a Praia do Diabo. Nun acto no que estivo acompañado polo cónsul de España en Río, Luis Prados Covarrubias, e polo embaixador, Fernando García Casas, Miranda destacou que este fito, parte dun proxecto impulsado pola Consellería de Cultura e Turismo, simboliza unha dobre irmandade: entre dous Patrimonios da Humanidade e entre Galicia e Brasil”.
“A colocación desta mouteira une o Patrimonio da Humanidade de Río e o seu Arpoador co noso Patrimonio do Camiño de Santiago, simbolizando ao mesmo tempo o camiño da emigración que tomaron miles de galegos, que cruzaron o Atlántico na procura dunha vida mellor”, incidiu Miranda.
Non en van, e como recordou o responsable do Goberno autonómico, o Brasil é o oitavo país do mundo con máis peregrinas e peregrinos, chegando a Compostela máis de 20.000 brasileiras e brasileiros nos últimos anos.
“Hoxe, o Camiño de Santiago recorre miles de quilómetros, vertebrando España e boa parte de Europa. Unha ruta pola que chegan cada ano centos de miles de peregrinos de todo o mundo. De feito, só no 2018 visitaron Santiago 186 nacionalidades dos 193 países que compoñen as Nacións Unidas”, incidiu Rodríguez Miranda.
Neste marco, o secretario xeral puxo de manifesto a actualidade do Camiño “nun tempo no que se volve a falar de muros”. “Nun tempo de egoísmos e relatos individuais, resulta máis importante que nunca reivindicar o espírito Xacobeo”, incidiu Miranda, quen sinalou que esta mouteira, situada “nun dos lugares máis belos da cidade turística por excelencia do Brasil”, simboliza os “valores universais que empapan cada pedra do Camiño.
A mouteira conta cos principais símbolos do Camiño: a cuncha, un dos máis antigos e representativos da Ruta Xacobea; a frecha amarela, que indica a dirección correcta, e o punto quilométrico que sinala a distancia ata a Catedral de Santiago –neste caso, máis de 8.000 quilómetros-. Trátase, en definitiva, dun fito que recorda “as bases sobre as que se asentou o mundo que coñecemos hoxe en día”, precisou Miranda.
A cuarta mouteira do ano
A de Río é a cuarta mouteira colocada no que vai de ano –tras Glasgow, Bruxelas e Lorient-. A súa colocación ten como obxectivo servir de elemento de morriña para calquera peregrino ou peregrina que recoñeza o símbolo e como fonte de curiosidade para que nacionais e visitantes de cada país se interesen pola historia e cultura universal que representa o Camiño.
Unha das rutas máis importantes do mundo, pola que pasaron millóns de peregrinas e peregrinos, con máis de once séculos de historia. O Camiño é unha ruta cultural e turística, pero “non debemos esquecer que é o camiño da emigración, que tomaron miles de galegos, que cruzaron o atlántico para ter unha vida mellor”, recalcou Miranda.
Día da Hispanidade
Así mesmo, o secretario xeral asistiu tamén na tarde de onte á conmemoración do Día da Hispanidade organizado polo Consulado de España, no marco das festividades da Hispanidade que se están a organizar este días entre as institucións españolas de Río de Xaneiro, e que aglutinan, xunto á promoción do Xacobeo 2021, unha parte destacada desta viaxe ao Brasil.
Novas relacionadas