Miranda comeza a segunda viaxe do ano a Cuba no marco da celebración do 500 aniversario da fundación da cidade da Habana

O secretario xeral da Emigración participará en distintos actos organizados por este motivo coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo e a participación do Consello da Cultura Galega.

Inicia a súa estadía na illa cunha reunión co embaixador e co consejero cultural españois.

  • De esquerda a dereita: o conselleiro cultural da Embaixada de España, o secretario xeral da Emigración e o embaixador de España en Cuba
    De esquerda a dereita: o conselleiro cultural da Embaixada de España, o secretario xeral da Emigración e o embaixador de España en Cuba
  • O secretario xeral da Emigración (á esquerda), co embaixador de España en Cuba
    O secretario xeral da Emigración (á esquerda), co embaixador de España en Cuba
Listen to this page using ReadSpeaker
A Habana (Cuba), 15 de outubro de 2019.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, vén de iniciar a súa segunda viaxe do ano a Cuba, logo da visita do pasado mes de marzo. Unha viaxe que, desta volta, se enmarca nos actos de celebración do 500 aniversario da fundación da cidade da Habana, permitindo tamén reiterar o apoio do Goberno galego á colectividade da illa, parte fundamental destes séculos de historia. 

Así, o responsable do departamento autonómico, que desde A Habana porá rumbo ao Brasil, participará, coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo e a participación do Consello da Cultura Galega, en distintos actos organizados no marco deste aniversario. 

Neste contexto, Miranda dedicou a primeira parte desta primeira parada a manter unha reunión co embaixador de España en Cuba, Juan Fernández Trigo, antes de reunirse co consejero cultural da Embaixada de España na illa, Jorge Peralta Momparler. 

En ambas xuntanzas, os representantes do Goberno galego e os do central puxeron en común as diferentes actuacións que as Administracións están levando a cabo no país dirixidas ás cidadás e aos cidadáns españois, e nomeadamente as galegas e galegos, que residen na illa. Este encontro enmárcase dentro das relacións de estreita colaboración que ambas institucións manteñen no seu labor a prol das e dos cidadáns con nacionalidade española que viven en Cuba. Neste marco, Miranda resaltou o labor fundamental que está a levar a cabo desde hai décadas o Goberno galego no país centroamericano. 

Gran maioría de descendentes
En Cuba residen, segundo os últimos datos oficiais publicados, a data 1 de xaneiro de 2019, un total de 43.480 galegas e galegos, dos que só menos do 1% foron nados en Galicia. O resto, o 99% restante, son descendentes de emigrantes que naceron xa no seu país de destino.

En imaxes
159 lecturas