Novas
Buscador
- Miranda recibe a Regina Jallas tras rematar un destacado labor de xestión de 12 anos á fronte da Associação Recreio dos Anciãos de Río de Xaneiro 13.04.2022 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo nas últimas horas unha reunión coa expresidenta da Associação Recreio dos Anciãos para Asilo da Velhice Desamparada de Río de Xaneiro (Brasil), Regina Jallas, para agradecerlle o seu destacado labor desenvolvido nesta entidade durante 12 anos, que se converteu, grazas ao seu... Máis información
- Emigración destina 40.000 euros ao Centro de día Santiago Apóstol de Caracas da Hermandad Gallega de Venezuela para a atención a galegas e galegos con necesidades socioasistenciais 12.04.2022 audio O secretario xeral da Emigración firmou o acordo co presidente desta entidade galega en Venezuela, José Antonio Alejandro González. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, firmou o acordo de colaboración co presidente da Hermandad Gallega de Venezuela, José Antonio Alejandro González, que permitirá destinar 40.000 euros para... Máis información
- Emigración recorda que mañá finaliza o prazo de inscrición para o programa “Merlo” de mentorización para emprendedoras e emprendedores galegos retornados 12.04.2022 audio O obxectivo desta iniciativa, que chega así á súa segunda edición, é apoiar e acompañar ás galegas e galegos retornados no desenvolvemento e consolidación dos seus emprendementos. O programa xurde da colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración e a Fundación Ronsel. O programa “Merlo” de mentorización para emprendedoras e emprendedores... Máis información
- Emigración e o Colexio de Rexistradores da Propiedade facilitan a familias galegas emigradas a identificación das súas propiedades en Galicia 11.04.2022 audio Ambas institucións asinaron hoxe un convenio de colaboración. Este acordo posibilita que se leven a cabo as pescudas necesarias para determinar a titularidade destes inmobles de xeito desinteresado sen que supoña ningún custo nin á persoa solicitante nin á Administración. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e a decana de... Máis información
- Simón Rodríguez explica como a bolsa BEME de Emigración lle permitiu atopar un emprego e quedarse a vivir en Galicia 10.04.2022 audio A Secretaría Xeral da Emigración ten convocadas as novas 250 Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior (BEME) para que os galegos e galegas residentes no exterior ou os descendentes de galegos poidan facer un máster nunha das tres universidades galegas o próximo curso 2022/23. A Xunta recorda que o prazo para presentar solicitudes remata o 29 deste... Máis información
- A Fundación Luis Seoane analiza a situación en Ucraína coa primeira asociación galega de axuda ás e aos refuxiados deste conflicto no seu novo episodio do podcast “Galicia é Migrante” 09.04.2022 audio A Secretaria Xeral da Emigración presenta un novo episodio do podcast que realiza a Fundación Luis Seoane “Galicia é Migrante” e no que, nesta edición, se analiza a situación do conflito en Ucraína. Este proxecto, que conta co apoio da Secretaría Xeral, permite ofrecer información tanto sobre os galegos e galegas do exterior como sobre as e os... Máis información
- Miranda destaca, durante a entrega do premio 'Gallego del Año' do Club de Periodistas Gallegos en Madrid, a aposta de Galicia polo deseño e a innovación da que a empresa Sargadelos é referente 08.04.2022 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou que Galicia está a xerar un ecosistema de deseño e innovación orientado ao desenvolvemento económico e social que está a ser referente dentro e fóra das súas fronteiras e do que é “un claro exemplo a empresa Sargadelos”, a quen se lle fixo entrega do premio Gallego del Año do... Máis información
-
Miranda comprométese coa presidenta do CRE de Bos Aires a seguir traballando para conseguir a modificación da lei electoral e suprimir o voto rogado das e dos residentes do exterior
07.04.2022
audio
O secretario xeral da Emigración mantivo unha reunión esta mañá coa presidenta do Consejo de Residentes Españoles da capital arxentina, Susana Carbia, con quen tamén analizou a situación da nacionalidade das e dos descendentes de españois e as políticas de retorno da Xunta de Galicia.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda,...
Máis información
- Emigración reforza o apoio ás entidades culturais do exterior para facilitar a súa participación no VI Día da Galicia Exterior 06.04.2022 audio O DOG publica hoxe as subvencións, cun orzamento de 350.000 euros, destinadas a sufragar o 80% do custo do desprazamento das agrupacións dende os seus lugares de orixe ata Galicia. A Secretaría Xeral da Emigración farase cargo, ademais dos desprazamentos internos en Galicia, do aloxamento e da manutención das e dos participantes, co gallo de... Máis información
- A Xunta ofrece tres novos cursos de mariñeiro/a pescador/a na modalidade ‘online’ que poden ser de interese para galegas e galegos do exterior e retornados 05.04.2022 audio Cada curso será tutelado por unha das tres escolas de ensino náutico-pesqueiro dependentes da Consellería do Mar e o período de prematrícula está aberto ata as 15:00 horas do próximo 12 de abril. Ofértanse 60 prazas por centro, a formación será entre o 10 de maio e o 17 de xuño de 2022 e a súa duración é de 50 horas. A Consellería do Mar vén de... Máis información
Páxinas |









