Novas
Buscador
- Emigración destina 1M€ ás Axudas ao Retorno Emprendedor, que facilitan ata 10.000 euros para poñer en marcha un proxecto empresarial 04.04.2022 audio O Diario Oficial de Galicia publicou hoxe a apertura da nova convocatoria para este ano. As e os interesados poden informarse tamén a través da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno que existe en cada provincia. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a nova convocatoria das Axudas ao Retorno Emprendedor, que contará cun... Máis información
- A Xunta promove a inserción laboral de máis de 1.000 mulleres do rural cun novo programa de apoios ao emprego feminino en sectores con demanda ao que se poden acoller as galegas retornadas 03.04.2022 audio Cun investimento de 2,8 M€ incentivarase o deseño, por parte de concellos de menos de 5.000 habitantes e agrupacións de municipios, de programas integrados de emprego feminino que combinen orientación, formación e asesoramento laboral. O prazo para solicitar as axudas remata o próximo 14 de outubro. Capacitarase ás mulleres para a súa inserción... Máis información
- Emigración e a Consejería de Educación da Embaixada de España no Brasil informan aos galegos e galegas residentes nese país sobre a convocatoria das bolsas BEME 02.04.2022 audio A Secretaría Xeral da Emigración participou nunha charla informativa organizada pola Consejería de Educación da Embaixada de España no Brasil sobre a nova convocatoria de Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) que continúa aberta e que ofrece 250 prazas para realizar másters aos galegos e galegas residentes no exterior nunha das tres... Máis información
- Emigración traslada á Federación de Asociaciones Gallegas do Uruguai o compromiso de colaboración para a protección do patrimonio cultural de Casa de Galicia 01.04.2022 audio Antonio Rodríguez Miranda destacou, durante a súa reunión coa presidenta deste ente, que a Xunta de Galicia complementa os mecanismos do Estado español para garantir que ningunha e ningún galego sen recursos queda sen cobertura sociosanitaria no Uruguai. A Administración autonómica destinou medio millón de euros a mecanismos de apoio directo a... Máis información
- A Xunta colabora coas asociacións de apoio a galegos retornados para o funcionamento das súas oficinas de información, asesoramento e formación 31.03.2022 audio A Secretaría Xeral da Emigración firmará así tres convenios por un montante total de 156.000 euros coa Federación Venezolana de Galicia, a Fundación Ronsel e a Asociación de Emigrantes Retornados Ulla-Umia. O Consello da Xunta autorizou hoxe a firma de tres convenios da Secretaría Xeral da Emigración con asociacións de apoio a galegos retornados... Máis información
- Miranda traslada a experiencia da Estratexia Retorna da Xunta de Galicia aos asistentes ao Curso sobre a Diáspora Vasca que organiza a Universidade de Euskadi 30.03.2022 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou nas últimas horas no curso sobre a diáspora vasca que está a organizar a Universidade de Euskadi no que trasladou aos asistentes a experiencia da Estratexia Retorna da Xunta que ten coma obxectivo apoiar, asesorar e informar aos galegos do exterior no seu proceso de regreso a... Máis información
- A Xunta continúa formando en habilidades para o emprego a cerca de 200 universitarios galegos retornados co obxectivo de fortalecer o seu futuro laboral en Galicia 29.03.2022 audio O programa, desenvolvido pola Consellería de Emprego e Igualdade en colaboración coa Secretaría Xeral de Emigración, ofrece formación complementaria de carácter laboral aos beneficiarios da bolsa de Excelencia Mocidade Exterior Beme, de xeito que se lles acompañe no proceso de adaptación á sociedade galega aplicando as súas competitividades a un... Máis información
- Emigración destina 1,7m€ as axudas extraordinarias para os galegos retornados que como novidade incluirá 500 euros para gastos derivados do acceso a unha vivenda 29.03.2022 audio Estas axudas, de carácter social, destínanse a gastos da unidade familiar derivados do retorno, cun especial apoio de ata 1.500 euros por fillo, así como tamén se valora o feito de residir nun concello rural. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a liña de axudas extraordinarias ao retorno da Secretaría Xeral da Emigración para que contará... Máis información
- Emigración reúnese coa nova directiva da Asociación Cultural e Deportiva Tordoya de Suíza 28.03.2022 audio A subdirectora de Comunidades Galegas, Isabel Martínez Pellicer, mantivo nas últimas horas unha reunión co novo presidente da Asociación Asociación Cultural e Deportiva Tordoya de Xenebra (Suiza) para coñecer as iniciativas que están a deseñar para os próximos meses. Emigración reiterou así o seu compromiso de colaboración con esta entidade.... Máis información
- Emigración asiste á Clausura da Semana sobre os Camiños de Santiago “Traxandaina” organizada pola Irmandade Galega na Suíza 27.03.2022 audio A subdirectora de Comunidades Galegas, Isabel Martínez Pellicer, asistiu na tarde de onte, sábado, á clausura da Semana sobre os Camiños de Santiago organizada pola Irmandade Galega na Suíza en Xenebra e que tiña, como eixe central, a mostra sobre traxes realizada por “Traxandaina”. Esta acción cultural púidose desfrutar na sala comunale du Grand... Máis información
Páxinas |









