Miranda recibe a Regina Jallas tras rematar un destacado labor de xestión de 12 anos á fronte da Associação Recreio dos Anciãos de Río de Xaneiro

Antonio Rodríguez Miranda e Regina Jallas, durante a entrevista na sede de Emigración en Santiago de Compostela
Antonio Rodríguez Miranda e Regina Jallas, durante a entrevista na sede de Emigración en Santiago de Compostela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 13 de abril de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo nas últimas horas unha reunión coa expresidenta da Associação Recreio dos Anciãos para Asilo da Velhice Desamparada de Río de Xaneiro (Brasil), Regina Jallas, para agradecerlle o seu destacado labor desenvolvido nesta entidade durante 12 anos, que se converteu, grazas ao seu traballo, nun modelo de xestión na atención aos galegos e galegas do exterior.

Esta asociación é un dos referentes fundamentais na atención sociosanitaria e de asistencia ás persoas de idade avanzada nesta cidade brasileira e en toda América, e constitúe un elemento esencial para a prestación de asistencia á colectividade galega, polo que Antonio Rodríguez Miranda lle trasladou a Jallas o compromiso “inquebrantable” da Administración autonómica con esta entidade e cos galegos e galegas do exterior. Tal e como lle trasladou o secretario xeral á expresidenta da asociación, “a súa excelente xestión económica permitiu converter a este centro nunha institución moderna con novidosos servizos. O seu labor é un exemplo a seguir”.

759 lecturas