Emigración e o Colexio de Rexistradores da Propiedade facilitan a familias galegas emigradas a identificación das súas propiedades en Galicia

Ambas institucións asinaron hoxe un convenio de colaboración.

Este acordo posibilita que se leven a cabo as pescudas necesarias para determinar a titularidade destes inmobles de xeito desinteresado sen que supoña ningún custo nin á persoa solicitante nin á Administración.

Imaxe do acto de sinatura do convenio que tivo lugar hoxe na capital de Galicia
Imaxe do acto de sinatura do convenio que tivo lugar hoxe na capital de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 11 de abril de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e a decana de Galicia do Colexio de Rexistradores da Propiedade, Mercantís e Bens Mobles de España, María Núñez, asinaron esta mañá un convenio de colaboración co obxectivo de facilitar a detección de propiedades en Galicia a familias galegas emigradas.   

Este acordo de colaboración permitirá que se poñan en marcha as pescudas necesarias para determinar a titularidade de bens inmobles pertencentes ás galegas e galegos do exterior que son propietarios de algunha propiedade en Galicia.

O convenio permitirá que este traballo se realice de xeito desinteresado sen que supoña ningún custo nin á persoa solicitante nin á Administración. 

Crearase ademais unha comisión de seguimento que se encargará de avaliar casos concretos e determinar se o solicitado se axusta ao obxecto do convenio.

O acordo será efectivo dende mañá, martes 12, e terá unha duración de catro anos. 

619 lecturas