Simón Rodríguez explica como a bolsa BEME de Emigración lle permitiu atopar un emprego e quedarse a vivir en Galicia
A Secretaría Xeral da Emigración ten convocadas as novas 250 Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior (BEME) para que os galegos e galegas residentes no exterior ou os descendentes de galegos poidan facer un máster nunha das tres universidades galegas o próximo curso 2022/23. A Xunta recorda que o prazo para presentar solicitudes remata o 29 deste mes de abril.
Simón Rodríguez, descendente de galegas e galegos en Venezuela, concretamente a súa avoa e o seu avó paternos eran de Pontevedra, optou por solicitar unha bolsa BEME para facer un mestrado no campus de Lugo da USC, o que lle permitiu estudar e atopar un emprego no sector no que desenvolveu a súa formación en Galicia. Asegura que quere quedarse a vivir aquí porque lle gusta todo desta comunidade autónoma: a lingua, a xente, os costumes e o estilo de vida.
Novas relacionadas