Novas
Buscador
- A Xunta leva o mellor do cinema galego ao Centro Alma Gallega de Montevideo grazas ó Ciclo Mestre Mateo 10.06.2025 audio O Centro Cultural e Recreativo Alma Gallega de Montevideo acolle nestes meses o Ciclo Mestre Mateo, unha programación especial de cinema galego que leva ás colectividades do exterior algunhas das mellores películas e documentais finalistas dos premios que outorga a Academia Galega do Audiovisual. Esta iniciativa permite achegar o audiovisual... Máis información
- O Delegado da Xunta en Bos Aires reúnese coas Comunidades Galegas para a realización da 3ª Edición da Gran Romaría Galega que terá lugar o 27 de xullo 06.06.2025 audio O delegado da Xunta en Bos Aires, Alejandro López Dobarro, reuniuse cos responsables das Comunidades Galegas de Bos Aires para preparar a 3ª edición da Gran Romaría Galega. O vindeiro 27 de xullo, coincidindo co Mes de Galicia, celebrarase este evento. Para garantir o éxito da romaría, está a levarse a cabo un importante traballo previo de... Máis información
- Emigración apoia o compromiso do Festival Internacional Rebulir 2025 co recoñecemento ás accións culturais das entidades galegas do exterior 05.06.2025 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión con Alexandre Sotelino Losada, director artístico do Festival Internacional Rebulir 2025 (FIR2025). No encontro, Miranda reafirmou o compromiso do departamento autonómico con este evento cultural de gran relevancia e recordou, como en anos anteriores, entregarase un... Máis información
- Miranda salienta o valor da revista Alfareros como ponte cultural entre Galicia e Uruguai 02.06.2025 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión co doutor Pablo Eguren Casal, director da revista Alfareros, unha nova publicación literaria que recolle o legado da histórica revista Alfar, fundada polo seu avó, o poeta uruguaio Julio J. Casal, na Coruña en 1923. No encontro abordouse o nexo cultural que une... Máis información
- A Xunta participa en Santa Coloma de Gramenet nun emotivo acto de celebración das Letras Galegas con especial homenaxe ás cantareiras 31.05.2025 audio O evento, celebrado baixo o lema Co corazón en galego e as mans cheas de solidariedade, reuniu a centos de persoas da colectividade galega, coa participación de distintos grupos musicais en homenaxe á lingua e á cultura propia de Galicia. A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, participou este sábado no acto... Máis información
- O Delegado da Xunta en Arxentina destaca o labor das Cantareiras na preservación da tradición oral galega durante os actos das Letras Galegas en Bos Aires 30.05.2025 audio O delegado da Xunta de Galicia en Arxentina, Alejandro López Dobarro, participou nos actos conmemorativos do Día das Letras Galegas 2025 organizados pola colectividade galega en Bos Aires, que este ano estiveron dedicados á figura das cantareiras e ao seu papel esencial na transmisión da tradición oral galega. O evento principal tivo lugar na... Máis información
- A delegada da Xunta en Uruguai destaca o papel das mulleres na tradición oral galega durante os actos das Letras Galegas en Montevideo 30.05.2025 audio A delegada da Xunta de Galicia en Uruguai, Elvira Domínguez, participou nos actos conmemorativos do Día das Letras Galegas 2025 celebrados en Montevideo, que este ano renderon homenaxe ás cantareiras, figuras clave na preservación da tradición oral galega. Os eventos, organizados por diversas entidades da colectividade galega, puxeron en valor o... Máis información
- Miranda salienta o valor do proxecto cultural "De Mañón ao mundo" como ponte entre a emigración histórica ao exterior e a chegada actual de novos residentes 28.05.2025 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo este martes un encontro con responsables do proxecto cultural De Mañón ao mundo e co alcalde de Mañón, Alfredo Dovale e o tenente de alcalde, Francisco Calvín, co obxectivo de coñecer de primeira man os detalles dunha iniciativa que afonda na memoria da emigración e reflexiona... Máis información
- A Xunta convoca o programa 'Reencontros con Galicia' para que 200 galegos maiores do exterior poidan vivir a realidade da Galicia actual 27.05.2025 audio O prazo de solicitude estará aberto desde mañá, 28 de maio, ata o vindeiro 27 de xuño. A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración realiza esta iniciativa en colaboración coa Consellería de Política Social e Igualdade que se desenvolverá entre o 6 e o 16 de outubro. Os solicitantes deben ter cumpridos os 65 anos e non poden ter participado nos... Máis información
- Emigración publica o listado definitivo das preto de 50 persoas admitidas no programa Escolas Abertas 2025 26.05.2025 audio Esta iniciativa fomenta a formación especializada dos docentes das entidades galegas do exterior para dinamizar a vida cultural e social das comunidades galegas no mundo. O programa terá lugar nas instalacións do Centro Superior de Hosteleira de Galicia do 4 ao 15 de xullo. A media de idade dos alumnos é de 35 anos. A Secretaría Xeral da... Máis información
Páxinas |









