Miranda dá a benvida en Vigo aos maiores do exterior que participan no programa "Reencontros con Galicia", un retorno cheo de emocións e recordos

Este programa, que se desenvolve en colaboración coa Consellería de Política Social, levarase a cabo do 6 ao 16 de outubro.

Os participantes, cunha media de idade de 79 anos, teñen máis de 65 anos e proceden de Cuba, Venezuela, Brasil, Arxentina, Bolivia, México e Uruguai. Entre eles atópase un galego de 100 anos residente en Cuba, que regresa para reencontrarse coa súa terra. Todos estarán aloxados nas residencias de tempo libre da Xunta de Galicia en Panxón e O Carballiño.

  • Miranda dá a benvida en Vigo aos maiores do exterior que participan no programa 'Reencontros con Galicia', un retorno cheo de emocións e recordos

Listen to this page using ReadSpeaker
Vigo (Pontevedra), 6 de outubro de 2025.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu esta mañá no aeroporto de Vigo aos participantes do programa “Reencontros con Galicia”, procedentes de Venezuela, Cuba, Brasil, México, Bolivia, Arxentina e Uruguai. Este programa ten como obxectivo facilitar o contacto dos galegos do exterior maiores de 65 anos coa Galicia actual e coas súas familias.

O programa, que conta con máis de 35 anos de experiencia e se desenvolve en colaboración coa Consellería de Política Social, permite que preto 200 galegos residentes no exterior poidan gozar de diversas actividades de lecer e visitas culturais durante a súa estadía, do 6 ao 16 de outubro. Ademais, percorrerán diferentes localidades e cidades galegas para coñecer o patrimonio cultural e natural do país. Os participantes estarán aloxados nas residencias de tempo libre da Xunta de Galicia en Panxón e Carballiño.

“Moitos dos participantes deste ano levan décadas sen regresar a Galicia, polo que este reencontro será moi emotivo, tanto para eles como para as súas familias. Poderán ver de primeira man a vitalidade desta Galicia próspera e moderna”, explicou Antonio Rodríguez Miranda. Engadiu tamén que “para a Xunta de Galicia é un orgullo axudarlles a volver á súa terra e, en moitos casos, a reencontrarse cos familiares que non viron en moito tempo”.

A Secretaría Xeral da Emigración ten como obxectivo promover a participación da colectividade galega no exterior na vida cultural e social de Galicia, mantendo os vínculos coa súa terra de orixe. Segundo destacou Miranda, “os nosos maiores son fundamentais para transmitir ás xeracións nacidas no exterior ese sentimento especial cara a Galicia, garantindo que eses lazos nunca se rompan”.

412 lecturas