A Xunta reivindica o legado da emigración galega en Nova Jersey e visibiliza a nosa comunidade como terra de oportunidades aberta á captación de talento

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración visitou o Centro Ourensán e o Club España de Newark no marco da súa primeira viaxe oficial aos Estados Unidos.

José González celebrou a oportunidade de coñecer de primeira man a actividade destas entidades, co fin de afianzar lazos de cara a apoiar a comunidade galega nesa contorna e para preservar a nosa cultura e tradicións.

A viaxe enmárcase na necesidade de manter o contacto cos galegos do exterior e tamén no desenvolvemento da Estratexia Galicia Retorna, tendendo pontes cos Estados Unidos e promovendo a imaxe de Galicia como terra de oportunidades.

  • A Xunta reivindica o legado da emigración galega en Nova Jersey e visibiliza a nosa comunidade como terra de oportunidades aberta á captación de talento.
    A Xunta reivindica o legado da emigración galega en Nova Jersey e visibiliza a nosa comunidade como terra de oportunidades aberta á captación de talento.
  • A Xunta reivindica o legado da emigración galega en Nova Jersey e visibiliza a nosa comunidade como terra de oportunidades aberta á captación de talento.
    A Xunta reivindica o legado da emigración galega en Nova Jersey e visibiliza a nosa comunidade como terra de oportunidades aberta á captación de talento.
  • A Xunta reivindica o legado da emigración galega en Nova Jersey e visibiliza a nosa comunidade como terra de oportunidades aberta á captación de talento.
    A Xunta reivindica o legado da emigración galega en Nova Jersey e visibiliza a nosa comunidade como terra de oportunidades aberta á captación de talento.
Listen to this page using ReadSpeaker
Newark (Estados Unidos), 27 de setembro de 2025.

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, vén de visitar o Centro Ourensán e o Club España de Newark, onde puxo en valor o papel das dúas entidades como punto de encontro da colectividade galega residente en Nova Jersey, á vez que subliñou que Galicia é hoxe unha terra de oportunidades aberta á captación de talento, reforzando a súa posición como lugar atractivo para vivir, traballar e emprender. Así mesmo, celebrou a oportunidade de coñecer de primeira man as demandas e propostas destas entidades, co fin de afianzar lazos e de agradecer a importante contribución da comunidade emigrante ao desenvolvemento de Galicia.

En concreto, o Centro Ourensán de Newark leva exercendo desde 1964 de club social, cultural e recreativo para as galegas e galegos establecidos nos Estados Unidos. Cunhas 1.000 persoas asociadas (case todas galegas), o conselleiro destacou que en 2014 lle foi outorgada a Medalla de Ouro ao Mérito da Emigración por España, como recoñecemento aos seus máis de 50 anos de servizo á comunidade emigrante.

Canto ao Club España de Newark, González resaltou que tamén acumula máis de 60 anos de historia como institución cultural e social tras a súa fundación por emigrantes especialmente galegos, non só servindo como punto de encontro senón tamén promovendo unha ampla variedade de actividades.

En ambas as dúas visitas, o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración puxo de relevo o compromiso da Xunta a través de programas para fortalecer as comunidades galegas no exterior e apoiando o labor de centros coma estes, ao tempo que se abre a porta ás persoas que desexen regresar para poñer en marcha o seu proxecto laboral e de vida, ao abeiro da Estratexia Galicia Retorna.

Nese senso, referiuse a Galicia como unha terra próspera e de oportunidades na que a emigración supón un activo clave para seguir medrando e fortalecer o tecido económico e social. Un activo que ten á súa disposición ferramentas como as bolsas BEME, as oficinas do Retorno ou o programa Retorna Cualifica Emprego, para canalizar o regreso de profesionais cunha oferta real de emprego.

Compromiso coa comunidade galega en EEUU.

Esta viaxe aos Estados Unidos enmárcase na necesidade de manter o contacto cos galegos do exterior e no desenvolvemento da Estratexia Galicia Retorna. O seu obxectivo é seguir fortalecendo as pontes con Galicia, así como promover a imaxe da comunidade autónoma galega como unha terra de oportunidades, tanto para o emprego por conta propia como allea, e para construír un proxecto de vida. Con ela, o Goberno galego tamén busca reforzar as canles de colaboración para apoiar as persoas galegas residentes nos EEUU.

130 lecturas