Miranda: "Máis de 30.000 galegos retornados de 60 países diferentes recibiron un apoio personalizado de emigración desde que se puxo en marcha a Estratexia Galicia Retorna"
O secretario xeral da Emigración reclamou ao Goberno central que converta o retorno nunha política de Estado, do mesmo xeito que en Galicia xa é unha política de país. “A nosa comunidade pasou de ser terra de emigración a consolidarse como terra de retorno e de acollida”.
As axudas extraordinarias xa apoiaron a máis de 6.200 familias retornadas, procedentes de máis de 60 países, con 16 millóns de euros.
O Retorno Emprendedor leva mobilizados máis de 7 millóns de euros para máis de 900 proxectos en 200 concellos.
As bolsas BEME contan cun investimento de 15 millóns de euros para preto de 2.000 mozos de máis de 40 países.
Miranda: "Máis de 30.000 galegos retornados de 60 países diferentes recibiron un apoio personalizado de emigración desde que se puxo en marcha a Estratexia Galicia Retorna".
Miranda: "Máis de 30.000 galegos retornados de 60 países diferentes recibiron un apoio personalizado de emigración desde que se puxo en marcha a Estratexia Galicia Retorna".
Miranda: "Máis de 30.000 galegos retornados de 60 países diferentes recibiron un apoio personalizado de emigración desde que se puxo en marcha a Estratexia Galicia Retorna".
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, compareceu hoxe a petición propia na Comisión 1ª do Parlamento de Galicia para dar conta das políticas de retorno que impulsa Emigración a través da Estratexia Galicia Retorna. Salientou que, desde a posta en marcha da Estratexia Galicia Retorna en 2018, máis de 30.000 galegos procedentes de 60 países diferentes recibiron o apoio personalizado de Emigración a través das distintas liñas de axuda e programas específicos de integración, formación e emprendemento.
Miranda asegurou que o retorno “non é só un dereito recoñecido, senón tamén unha oportunidade estratéxica para o futuro de Galicia”, xa que reforza o tecido social, laboral e demográfico da comunidade.
O responsable de Emigración lembrou que a primeira fase da Estratexia (2018–2022) superou con creces o obxectivo inicial de 20.000 retornos, acadando 28.000. A segunda fase, Galicia Retorna 2023-2026, duplica recursos e medidas, con máis de 100 accións e un investimento de 450 millóns de euros para favorecer o regreso de 30.000 galegos. Só no primeiro ano desta etapa, 2023, retornaron 8.500 galegos, unha cifra récord na historia recente.
En canto ás medidas específicas, Miranda destacou a atención prestada pola Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno, que xa acompañou a preto de 32.000 familias.
As axudas extraordinarias ao retorno consolídanse como unha das medidas máis demandadas da Estratexia Galicia Retorna. Ata o momento, máis de 6.200 familias retornadas procedentes de máis de 60 países beneficiáronse desta liña, que permitiu mobilizar arredor de 16 millóns de euros para garantir unha primeira estabilidade económica ás persoas que deciden regresar a Galicia.
Ademais, puxo en valor o apoio ao emprendemento, con máis de 900 proxectos financiados desde 2014.
As bolsas BEME convertéronse nunha porta de regreso para a mocidade galega do exterior. Cun investimento de máis de 15 millóns de euros, esta iniciativa permitirá que preto de 2.000 mozos e mozas procedentes de máis de 40 países continúen a súa formación e se integren no mercado laboral galego, achegando talento novo e cualificado ao noso tecido económico e social. Tamén con programas como Merlo, ou Retorna Cualifica Emprego, que conectan retorno con inserción laboral e talento novo.
Finalmente, o secretario xeral da Emigración pediu ao Goberno central que asuma o retorno como política de Estado, tal e como recollen a Constitución e o Estatuto de Autonomía, dotando de máis recursos e competencias ás comunidades autónomas para axilizar trámites e mellorar a integración dos retornados como á homologación de títulos universitarios.
Novas relacionadas



