Miranda aborda co presidente da FECEVE a situación actual da comunidade española e galega en Venezuela
Santiago de Compostela (A Coruña), 7 de outubro de 2025.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión de traballo co presidente da Federación de Centros Españoles en Venezuela (FECEVE), Roberto González, na que ambos analizaron a situación actual da colectividade española e galega residente neste país, así como as necesidades máis urxentes que presentan no ámbito socio-asistencial.
Durante o encontro, Miranda reiterou a total colaboración da Xunta de Galicia cos residentes en Venezuela, subliñando o papel fundamental dos centros galegos integrados na FECEVE como canles de acompañamento, apoio institucional e solidariedade.
En Venezuela residen actualmente preto de 140.000 españolas e españois, dos que arredor de 30.000 son galegas e galegos.
Novas relacionadas




