O delegado da Xunta en Bos Aires participa na Comisión de Cultura da Lexislatura no proxecto para declarar a Luz Casal “Huésped de Honor”
Cidade Autónoma de Bos Aires (Arxentina), 4 de outubro de 2025.
O delegado da Xunta de Galicia en Bos Aires, Alejandro López Dobarro, asistiu á reunión da Comisión de Cultura da Lexislatura da Cidade Autónoma, presidida pola deputada Cecilia Ferrero, na que se tratou o proxecto de declaración de “Huésped de Honor” para a recoñecida artista galega Luz Casal. Esta iniciativa foi presentada pola deputada Silvia Imas.
Durante a súa intervención, destacou os méritos artísticos e persoais de Luz Casal, subliñando o seu papel como embaixadora da cultura galega no mundo e convidando á comisión a outorgar un voto favorable ao proxecto. Tras esta fase, a proposta de resolución continuará a súa tramitación e será elevada ao pleno da Lexislatura para a súa aprobación definitiva.
Novas relacionadas




