Novas
Buscador
- Miranda agradece a Sociedade de Socorros Mútuos e Beneficiente Rosalía de Castro de Santos e a Sociedade Beneficiente Rosalía de Castro de São Paulo o seu compromiso e a labor de coidado e protección dos maiores galegos neste estado brasileño 16.05.2025 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión con Ana María Serrano Oltra, representante da Sociedade Beneficiente Rosalía de Castro de São Paulo, e con Casto Vieitez, presidente da Sociedade de Socorros Mútuos e Beneficiente Rosalía de Castro de Santos. Durante o encontro, analizouse a situación actual da... Máis información
- Galicia esixe que o retorno se converta nunha política de Estado ante a soidade das CC.AA que, como Galicia, é líder, pioneira e ten un profundo compromiso neste ámbito 15.05.2025 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou hoxe no I Foro Retorno y Atracción del Talento en Asturias, onde puxo en valor a Estratexia Galicia Retorna como pioneira e referente a nivel nacional, con máis de 8.500 galegos retornados no ano 2023. Miranda defendeu que a garantía da eficacia dunha estratexia de retorno... Máis información
- A Xunta pon en marcha os exames Celga en liña este ano como iniciativa pioneira entre as comunidades con lingua cooficial 14.05.2025 audio O secretario xeral da Lingua deu conta en comisión parlamentaria sobre o avance nas medidas de impulso ao uso do idioma. Valentín García destaca que se “continúa a abrir portas ás persoas que non tiveron o galego como lingua nai, sobre todo á poboación chegada do exterior". No ámbito da formación incide nos cursos para a poboación de fóra asentada... Máis información
- Rueda avalía as inversións da Xunta na cidade e provincia de Lugo en áreas como a educación, a vivenda ou o saneamento 12.05.2025 audio Realizáronse obras nunha vintena de centros escolares da cidade ao abeiro do Plan de nova arquitectura pedagóxica por máis de 14 M€ e estase a rehabilitar o IES Lucus Augusti. Destaca que o Goberno autonómico puxo en marcha 519 vivendas protexidas no último ano. Están en marcha diferentes actuacións para mellorar as redes de abastecemento,... Máis información
- A Xunta destaca o carácter internacional do Curso Superior de Cociña do CSHG, con alumnado de América e ascendencia galega 10.05.2025 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro co director do Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG), José Paz, e co xerente de Turismo de Galicia, Antonio Casas, xunto co alumnado internacional do Curso Superior de Cociña que se está a desenvolver neste centro de referencia. Os participantes desta... Máis información
- Membros da Irmandade Galega de Rubí visitan a Sede da Emigración e reúnense co secretario xeral, quen lles agradeceu que sigan mantendo viva a cultura galega en Cataluña 09.05.2025 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e a subdirectora de Comunidades Galegas, Isabel Martínez Pellicer, recibiron na sede da Secretaría Xeral da Emigración en Santiago de Compostela unha delegación da Irmandade Galega de Rubí, encabezada pola súa presidenta, Silvia Castañeda. Durante o encontro, abordáronse os principais... Máis información
- A Xunta destaca as comunidades galegas e as súas agrupacións culturais na difusión da poesía popular oral galega no mundo no acto do Día das Letras Galegas en Burgos 08.05.2025 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou na celebración do Día das Letras Galegas en Burgos que este ano destacou o papel fundamental das cantareiras na cultura galega. O secretario xeral da Emigración participou hoxe no acto institucional organizado polo Centro Galego de Burgos para celebrar o Día das Letras... Máis información
- Emigración e a Academia Galega do Audiovisual achegan aos galegos do exterior o mellor cine galego a través do Ciclo de Cine Mestre Mateo 06.05.2025 audio Oito entidades galegas de América, Europa e resto de España serán os lugares onde se poderán visualizar dende xuño a novembro os filmes finalistas nas categorías, tanto de mellor longametraxe como de mellor documental, nos premios Mestre Mateo. O secretario Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presentou, xunto a directora de cine e... Máis información
- A Delegada da Xunta en Uruguai participa en destacados actos culturais polo Día Internacional do Libro 05.05.2025 audio A delegada da Xunta de Galicia en Uruguai, Elvira Domínguez, e a comunidade galega deste país participaron nunha serie de eventos culturais con motivo do Día Internacional do Libro para fortalecer os vínculos culturais entre Galicia e Uruguai. Na Casa de Galicia de Montevideo, o escritor compostelán Manuel Losa compartiu a súa experiencia como... Máis información
- A Xunta salienta o labor referente do Centro Galego de México e a aposta común por difundir entre a mocidade do exterior a identidade de Galicia 02.05.2025 audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración asistiu xunto co secretario xeral da Emigración á romaría, Jira Campestre, organizada por esta entidade para difundir a riqueza cultural de Galicia e que promove entre as novas xeracións a súa conservación. Destacou o compromiso do Goberno galego con estas entidades a través de axudas ao seu... Máis información
Páxinas |









