O espectáculo de clausura do Obradoiro da Xunta de Galicia de pandeireta e canto galego reúne en Montevideo preto de cen alumnos para demostrar o aprendido ao longo do curso
Montevideo (Uruguai), 27 de setembro de 2025.
A delegada da Xunta en Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu ao espectáculo de clausura do Obradoiro de pandeireta e canto tradicional galego, no que preto dun cento de alumnos demostraron o aprendido ao longo do curso. Este taller, organizado pola Secretaría Xeral da Emigración, contou coa participación das formadoras principais.
A actividade forma parte do esforzo conxunto por manter viva a cultura galega entre a colectividade no Uruguai e garantir así, a transmisión das tradicións ás novas xeracións.
Novas relacionadas




